mércores, 11 de marzo de 2009

34ª Festa do Queixo de Arzúa

Os días 13,14 e 15 de marzo celebrarase en Arzúa a 34ª Edición da Festa do Queixo. Esta festa catalogada de Interese turistico terá un sinfín de actividades nos 3 días que durará o evento. Anímovos a que visitedes o "Fídago de Galicia" como foi chamado no seu momento, seguro que disfrutaredes dabondo. Tedes máis info en www.concellodearzua.org

Este é o programa de actos:

Venres 13 de marzo

Noite de rondalla nas rúas e locais de hostalería a cargo da rondalla Moraima e Grupo de Gaitas Os Marteiros

Sábado 14 de marzo

10:00h Intervención Artística "Taller de arte e natureza: O Queixo" Grupo Arou (ó longo do día)
lugar: carballos do campo da feira

10:00h Apertura de Portas do Recinto Feiral, mostra e venda de queixos

Exposición "Concurso Cartaz Anunciador 34ª Festa do Queixo"
Recinto feiral (1º andar)

Exposición do concurso de debuxo infantil "O meu debuxo da festa do queixo" pezas presentadas por nenos e mozos desde os 3 ata os 14 anos
Recinto feiral (1º andar)

11:00 - 13:00h Pasarrúas de Música Tradicional: ASOCIACIÓN A MARISTELA- SOBRADO DOS MONXES (Ahí estamos!!!!)
Prazas e rúas de Arzúa

10:00 - 13:00 h e 16:00 - 20:00 h Obradoiro de Graffiti para maiores de 14 anos
Campo de fútbol

13:00h INAUGURACIÓN OFICIAL E PREGÓN 34ª FESTA DO QUEIXO
Recinto feiral (1º andar)
Entrega de Premios "Concurso Cartaz Anunciador 34ª Festa do Queixo)
Pregón: MONTSE VARELA, etnógrafa e antropóloga
Espectáculo de circo-danza aéreas: compañía Duelirium

16:00 - 18:00h Pasarrúas de Música Tradicional: ASOCIACIÓN A MARISTELA - SOBRADO DOS MONXES- (De novo)
Prazas e rúas de Arzúa

18:00h FESTIVAL DO QUEIXO

Queixo Maquetón, Praza da Vila, 18:00h (grupos finalistas)

LE PUNK
Campo da Feira, 21:00h

VETUSTA MORLA
Campo da Feira, 23:00 h

Queixo Maquetón, Praza da Vila, 01:30 h (grupo gañador)

21:00h Peche Recinto Feiral

Domingo 15 de marzo

10:00 - 14:00 h Intervención Artística "Taller de arte e natureza: O Queixo", Grupo Arou
lugar: recinto feiral

10:00 h Apertura Recinto Feiral
Mostra e venda de queixos

10:00 - 12:30 h Música e danza tradicional na rúa: Os Santiaguiños
Prazas e rúas de Arzúa (As 12h danza tradicional na Praza da vila)

12:30h Obradoiro e exhibición de capoeira
Praza da vila

13:30 h Degustación popular de queixo
Recinto feiral (stand do concello)

16:30 h Proxección dos traballos artísticos do "Taller de arte e natureza: O Queixo"
Recinto feiral (1º andar)

17:00 h Festa e música na rúa: ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
Prazas e rúas de Arzúa

19:00 h FESTIVAL DO QUEIXO

UXÍA, Campo da Feira, 19:00 h
VAAMONDE, LAMAS E ROMERO, Campo da Feira, 20:30 h

21:00 h Peche Recinto Feiral

E ademáis...

Venres 13 e sábado 14 de marzo 3º concurso de petiscos e tapas
Asociación de Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa
Establecementos de hostalaría

Sábado 14 e domingo 15 de marzo Exposición do queixo xigante
Organiza: Asociación Cultural Nosa Señora do Carme
Recinto Feiral
----------------------------------------------------------------------------------------------


Aínda non hai os accidentes que debería...



Quedei sorprendido con este video que está de actualidade e que nos mostra unha vez máis que hai moito impresentable o volante. Aínda que non o pareza conducir é unha cousa moi seria e que conleva moita responsabilidade aínda que algúns esto o pasen polo forro...
Esta grabación é de un camioneiro romanés nunha autopista entre Bélxica e Holanda preto de Amberes, deixa moi as claras que non lle importa por en perigo a vida de outras persoas que circulan pola vía. Por suposto o "chofer" en cuestión foi identificado e despedido pola empresa romanesa para a que traballaba. Logo de analizar as imaxes non consigo saber se este tío está mal da cabeza, vai borracho, enfarlopado, naceu tonto ou caeu da cuna.
O peor de todo é que esto non é un feito illado pois en todos os lugares hai idiotas e xente que por facerse notar o volante é capaz de facer as tonterías máis sublimes.
Creo que sobran as palabras ollade o video a ver que vos parece.

Saudos.

martes, 10 de marzo de 2009

Sobrado, no Campeonato Galego de Enduro

Sobrado conta este ano con representación no Campeonato Galego de Enduro que se disputa por diversas localidades da xeografía galega.
O representante sobradés é o piloto Fernando García, coñecido no círculo de amigos coma Nando, un apaixoado das dúas rodas dende ben pequeno e que agora con 30 anos da o salto a nivel federado.
Nando, compañeiro de xeración e gran amigo de toda a vida participa co dorsal 97 no Campionato Galego de este ano coa súa flamante KTM de cor laranxa. Dende eiquí quérolle dar moitos folgos para que os resultados sexan os mellores posibles nesta primeira tempada coma federado.

Dalle neno, ti podes! Nando por diante de un rival na etapa de Vilatuxe (Lalín)
O piloto sobradés apurando freada en Rois (Teo)


luns, 9 de marzo de 2009

A pregunta da semana

Qué estrela de Rock galego me acaba de chamar a Oficina de Turismo coa intención de poder vir o V Festival Musical Intercultural da Xuventude?

Heartbeatz - Styles & Breeze



Os luns nunca poden ser un mal día, todo o contrario, para min son sinónimo de optimismo pois o comezar unha nova semana comezan tamén novas oportunidades. Para aqueles que a semana anterior non foi o boa que quixeran, ábrese a posibilidade de que esta sexa moito máis optima. Para aqueles que a semana anterior foi boa debe haber o obxectivo de que esta mellore aínda os resultados anteriores ou polo menos que non sexa menos boa.
Logo de este "rollo mentalizador" direivos que aínda que o video que vos deixo procede moito máis poñelo cerca da fin de semana non me resistín máis e decidín subilo. Trátase do Hearthbeatz dos djs Styles & Breeze, esta canción xa ten 3 anos pero levaba dende o venres co pegadizo estribillo na cabeza polo que busquei na discografía da miña habitación e "recuperei" o cd onde teño este tema que me encanta porque ten moitísima forza e potencia. Ademáis cárgame positivamente de boas sensacións.

Disfrutadeo e deséxovos un bo comezo de semana.

venres, 6 de marzo de 2009

Feira de Saúde

07:30 AM, soa o despertador, Ramón é o encargado de apagalo mentres Pepa rosma coma se o estrondoso son do vello reloxo de campaiñas non fose con ela.

Hoxe é día 2 e como cada primeiros de mes hai que ir o banco quitar os cartos para logo volver a ingresar unha gran parte na mesma conta asegurándose así de que a paga foi ingresada integramente e ninguén se quedou con ningún céntimo polo camiño.

Logo dun rápido aseo a parella chama a un taxi para que os transporte na distancia de 8 kilómetros que separa a aldea onde viven da capital municipal onde se concentra o centro de negocios da vila.

As 8:17 minutos o taxista xa agarda diante do corral pola parella que animosa entra no vehículo, logo da típica conversa de cando non se sabe que dicir: "virouse frío outra vez, este inverno veu doente..." chegan a praza do pobo onde o taxista "descarga a mercancía".
Son as 8:33 minutos e Pepa xa quere entrar no banco pero Ramón avisa de que aínda é moi cedo e ata as 9:00 non abren polo que é ir mellor tomar un café. A muller non está conforme polo sinalado polo seu marido pero en vista do mal día que está non lle queda outra que dar o brazo a torcer e entrar no bar de turno.

Logo de apurar o seu marido para que tome axiña o café xa que hai moito que facer: ir o banco e despois as recetas o centro de saúde e segundo a muller non lles vai dar tempo a todo.
O home que xa coñece a súa parella logo de 39 anos casado miraa con cara de indiferencia e sen decir nada pero ela segue nas "súas 13" de que como non se apure o tempo baiselles botar enriba.

Un pouco agobiado pola presión de Pepa e xa un pouco de mal xenio Ramón acaba o café de un trago e dille con cara de poucos amigos: "vamos oh!".

A parella chegan o banco 5 minutos antes da hora de apertura e xa teñen outras 6 persoas a porta, un dos traballadores do banco percátase e ante a cola que se está a formar decide abrir as portas o público antes de tempo (son primeiros de mes e é o que toca).

Logo de agardar do redor de uns 18 minutos a parella achégase o mostrador para cobrar toda a paga de xubilación que perciben voltar a ingresar todo o diñeiro agás 300€ que utilizarán para gastos. Ó banqueiro que a estas alturas xa non lle sorprende nada mira con cara de incredulidade a nosa parella pois non logra entender como aínda pode haber xente que non se crea que lle ingresan toda a paga..., en fin...

No intre en que saen da entidade bancaria Pepa (rosmona toda a mañán) apura a Ramón para que se de prisa o andar pois teñen que ir o centro de saude por recetas e seguro que vai haber moita xente pois son primeiros de mes...

As 9:33 minutos chegan o centro de saude que xa está mediado de xente, nada máis pisar a sala de espera Pepa usa a frase de rigor: "xa empezou a recoller as recetas?", "aínda non" (contesta Maruca do Incio) "pero non creo que o médico tarde moito..."

Segue a chegar máis xente e comezan a chegar coñecidos:

- Home José, ti tamén por aquí?
- Qué tal Ramón, xa facía ben tempo que non te vía carallo!!!
- Andiven algo escarallado e tiven que facer unhas placas, eche a vellez
- Bueno carallo bueno, que vas estar vello, se estás coma un rapaz de quince.
- Si home si, que máis quixera..., pois nos viñemosche o "pienso" que seica dixo Pepa que se estaba acabando, eu agora non teño acordo ningún e tomo as pastillas sen traza nin xeito, as veces as 4 as veces as 5, cando me acordo e namáis...
- Bueno oh bueno, e fuche o mes pasado á Feira á Montrelos?
- Fun oh! non valían nada os becerros, me falte tal se non é mellor darlles con un sacho na cabeza e metelos no conxelador, a miña filla xa me dixo: eu non sei para que queres andar peleando agora coas vacas a túa idade se dan máis traballo que valen!
- Cala oh! que aínda te distrás un pouco, e ademáis, a túa filla non está cotizando pola Agraria?
- Está!
- Pois logho que? fas ben mentres poidas, que mira, ninguén regala nada...
- Aiiii non oh! mira algo que entre a maiores benvido sexa...

Pola súa banda Pepa está de conversa con Maruca do Incio:

- E oiche algho de que Pilita enfermara?
- Non, non oira nada...
- Din que é do estómago pero está ingresada na "Residencia" e a min non che me cheira nada ben?
- Jesús!!!!
- Non, non che me cheira ben, porque o outro día pregunteille os fillos e dixéronme que iba tirando, pero non me dixeron máis, e cando non contan nada é que algo ten...
- Vaia por Dios, a esa muller tamén lle tocan todas...
- Si muller, parece que a veu o demo..., o home seica cando se emborracha "alúmbralle"
- Eu tamén o oín muller, vaia por Dios, un día tívolle que valer Carmen de Amancio e Manolo do Xis que senón mandaba para o outro mundo...
.Vaia por Dios muller, e os fillos non lle din nada a seu pai?
- E que lle han decir, os fillos aínda volven polo pai..., a quen un cría...

O doutor pide as recetas e entón faise un pequeno silencio que corta arredor de unhas quince conversas diferentes, nada máis entrar o doutor de novo no seu despacho, un gran barullo comeza de novo a brotar..., segue entrando máis xente e como non preguntando se xa pediu as recetas, a pouca xente que lles fai caso asinten coa cabeza e chaman a porta para darlle os papeis que aseguran que o doutor recetará máis "pienso" para o mes.

A eso das 10:20 horas, o ruido dentro da sala de espera é ensordecedor, unha mixtura de risas, berros, ruidos de sillas e discusións invaden o lugar. Alí fálase de todo, dos falecidos nos últimos días, do prezo dos productos agrarios, cotilleos dos veciños, e o pouco que suben as pensións...

Son as 10:56 e por fin o médico acaba de facer a tonelada de recetas que tiña para esa maña.
O médico disponse a dar as recetas e nada máis abrir a porta a actitude da multitude cambia por completo e faise o silencio.
O doutor comeza a recitar nomes e apelidos e comeza a desfilar algunha xente, os máis remolos nada máis recibir as súas recetas seguen a falar non respetando que hai xente que non oe o doutor e os nomes que está a decir pero dalles igual pois as recetas xa están no seu poder...

Logo da retahila de nomes o doutor pecha a porta e o minuto abrea comezando a consultar a xente enferma.
Non pasaron máis de 5 minutos e o galeno xa de mal humor abre bruscamente a porta con un "por favor, queren baixar o tono de voz, non logro escoitar o enfermo (sinalando o aparato electrónico que rodea o seu cuello). Faise o silencio, pecha a porta e os 3 segundos comezan os murmullos que se acrecentan ata chegar a ser conversacións e risas en alto non chegado aínda o minuto dende a bronca. De vez en cando oese algún "schhhhhhhhhhhhhhhhhh" en sinal de que falen máis baixo pero este aviso cae en saco roto.
Ramón e Pepa seguen coas suas conversacións banais ata que as 11:30 o médico moi enfadado abre a porta e di: "como sigan berrando así voto a todo o mundo fora e non consulto máis!".

A advertencia da o seu resultado e Pepa dille a Ramón: "veña vámonos que aínda temos que ir o Supermercado, ti nunca tes prisa ningunha". Ramón encolle os hombros cara a José e dille "non hai quen poida con elas e o carallo". José rise mentres a parella se despide para dirixirse a mercar productos de primeira necesidade.

Xa no supermercado e logo de unha compra onde non falta de nada "pois veñen os rapaces de fin de semana cos nenos e non che comen do que hai" con uns 180€ gastados fronte a brilante sonrisa da caixeira Pepa dille a Ramón que vaia avisar o taxi para que os recolla na porta do Super para cargar as cousas.
En menos de 3 minutos o taxi está alí instalado e a parella logo de despedirse na acera de uns cantos coñecidos entra no taxi e 15 minutos máis tarde xa están na aldea de volta.

Son as 12:23 e xa teñen todo o traballo feito. Ramón sentase nunha silla e Pepa mirando con mal humor dille "hai estás moi cansado, vai mirar as vacas anda que han de estar morrendo de fame...". Ramón que a ignora coméntalle "estache ben José pa idade que ten..." o que Pepa responde "como non vai estar ben, non ten nada que facer namáis que comer, durmir e poñerse de zapato novo..., vai mirar as vacas".

Esta é a maña de primeiros de mes de Ramón e Pepa que coma tanta outra xente xubilada que segue a vivir na Galicia rural fai da monotonía unha forma de vida e para eles o día 2 é un día especial pois achéganse o pobo e ven e falan con xente que non adoitan a ver todos os días.

*Os nosos maiores son entrañables e por eso os queremos tanto, son seres excepcionais e sen maldade que disfrutan con algo tan simple coma unha conversa ou indo o médico, moitas veces non valoramos cousas que facemos e que nos parecen rutina, incluso nos chegan a aburrir. Hai que valorar todas as cousas que facemos que poden parecer cansinas e repetitivas porque as persoas tenden a aburrirse axiña de todo. Como di miña avoa "todo vos cansa" e non lle falta razón.

"O día 2" é unha forma de vida... valoremolo como tal.

Saudos

xoves, 5 de marzo de 2009

Non nos olvidamos!!!!!

Así é, mañá é o séptimo aniversario do Centenariazo e un ano máis teño o orgullo de recordalo con moito cariño e ledicia. O ano pasado xa fixen un resumo de como foi o pre-partido, o partido e o post-partido polo que sobran as palabras e afloran os sentimentos. Onte o ver o Athletic clasificado para a final e ver a festa que se montou na "Catedral" véuseme o maxín moitas imaxes que nos vivimos 7 anos atrás; con todos os elementos en contra, 25.000 almas branquiazuis loitando contra todo un Imperio, David contra Goliat, o final gañou o pequeno, que cantou, bailou e asubiou coma nunca.
Mentres este blog perdure recordarei ano tras ano este día memorable, imposible de borrar para todos os que amamos o Real Club Deportivo e soñamos con que algún día non moi lonxano academos outra final que xa vai tocando...

Agora máis que nunca

DEPOR CAMPEÓN!!!!

mércores, 4 de marzo de 2009

Volvo a normalidade

Hoxe reincorporeime o traballo logo de día e medio de hospitais xa que meu pai tivo que facer unha pequena operación cirurxica da que saiu con éxito. Ese é o motivo polo que o blog estivo pouco activo estes días.

Grazas por estar ahí día si e día tamén.

Un abrazo.

O 31% dos lectores non se disfrazaron no Entroido

Un 31% dos lectores de este blog non se disfrazaron no Entroido que hai pouco rematou. Así o desvela a enquisa do mes de febreiro.
Entre os que se disfrazaron un 26% decidiuse polo mítico José Tojeiro (o home de "Me echaron droja en el Cola Cao"), un 15 % decidiuse polo monxe cistercense (entre os que me incluo, aínda que o meu disfraz non era cistercense senón máis ben parecía o cantante de Enigma).
Outros disfraces coma Butanero, Pornochacha, Superman, Astronauta ou Dinio acadaron por último un 5%.
Grazas unha vez máis por participar na enquisa.
Para o mes de marzo e por petición de algún ou algunha lectora poño a enquisa que tanta controversia xerou en días pasados sobre a oportunidade de enganar a respectiva parella no caso de que esta non se esterase xamáis. Xa está activa polo tanto a resposta está clara: SI ou NON... vos decidides...

Saudos

luns, 2 de marzo de 2009

Cáese un tópico

Hai un tópico moi expandido en todo o país de que os habitantes de Euskadi tenden a esaxerar nas súas afirmacións pero esta imaxe do entroido de Bilbo xentileza do meu amigo Jose Tarrío de Barakaldo amosa ben as claras que o vasco non esaxera, tan so se limita a decir única e exclusivamente a verdade.