Un 31% dos lectores de este blog non se disfrazaron no Entroido que hai pouco rematou. Así o desvela a enquisa do mes de febreiro.
Entre os que se disfrazaron un 26% decidiuse polo mítico José Tojeiro (o home de "Me echaron droja en el Cola Cao"), un 15 % decidiuse polo monxe cistercense (entre os que me incluo, aínda que o meu disfraz non era cistercense senón máis ben parecía o cantante de Enigma).
Outros disfraces coma Butanero, Pornochacha, Superman, Astronauta ou Dinio acadaron por último un 5%.
Grazas unha vez máis por participar na enquisa.
Para o mes de marzo e por petición de algún ou algunha lectora poño a enquisa que tanta controversia xerou en días pasados sobre a oportunidade de enganar a respectiva parella no caso de que esta non se esterase xamáis. Xa está activa polo tanto a resposta está clara: SI ou NON... vos decidides...
Saudos
3 comentarios:
e que habia disfraces q non puxeches na enquisa!!!! o noso non aparecia...jajajaajaja....
Ah, xa contestei a nova enkisa....de momento imos igualados!!!jajajaja
Si é que a verdade que todos non me collían, dende logo tedes unha cabeciña..., como se vos ocurre ir de cervexas? non ves que vos podían beber...
Publicar un comentario