O veciño pobo de Teixeiro celebra os días
18 e 19 de marzo as festas na honra a San Xosé. Os encargados da organización do evento son a Comisión das Festas da Xuventude que terán lugar no mes de xullo.
O cartel merece moito a pena, así mañán
mércores 18 de marzo estará o espectacular Grupo
AMÉRICA que unha vez máis deleitaranos coa súa forma de entender e facer música, sen lugar a dúbidas unha formación que non deixa indiferente a ninguén e no que noite tras noite os seus 6 músicos amosan ser profesionais dos pes á cabeza.

Para o día propia de San Xosé, o
xoves 19 de marzo participará nas festas outra gran e histórica formación, a orquestra
TREBOL de Ferrol que o ano pasado cumpriu 60 anos de existencia. Unha gran orquestra na que debemos resaltar que o batería (un dos mellores de Galicia) é o noso veciño
Pablo.
Xa sabedes, os días 18 e 19 de marzo non vos olvidedes que tedes en Teixeiro unha cita ineludible.
Saudos
Ningún comentario:
Publicar un comentario