venres, 27 de marzo de 2009
Arde o Orzán (parte II)
Non vos asustedes, seguro que mañá non sae nos periodicos locais e nacionais pero hoxe pola noite vai arder o Orzán.
Así é, 6 intrepidos homes sobradenses que formaron parte da Comisión de Festas Sobrado 2007 sairán hoxe de festa pola cidade herculina coa firme promesa de bailar ata ben entrado o día.
Debo confesar que os integrantes de Sobrado 2007 saimos moi bailaríns (ahí están os nosos títulos gañados a pulso logo de moitas noites de "claqué"), os nosos zapatos pódeno atestiguar pois temos gastado moitos pares nas noites sin fin...
O luns detallareivos o que dou de sí a noite coruñesa na que esperemos que Pazitos siga tendo ese "feeling" habitual coa súa "Cazadora Máxica"..., ja ja ja.
Saudos
Pasade bo finde.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Pasádeo ben logo e bailade moito!!
P.D.: Que ten a cazadora de Pazitos para ser máxica???
Saudiños de fin de semana!! Fiestaaaa!!!
A chaqueta eleximoslla o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón e eu nunha tarde de compras en Lugo, dende que a estreou atrae as mulleres pero o venres non a levou e as 3 decidiu irse para a casa para "pescar" outra serie de animais vivos, neste caso troitas (aínda que o resultado tamén foi de "0" patatero), je je je.
Vaia por Deus!!! A partires de agora xa sabes, Pazitos, non saias NUNCA sen a túa cazadora de ligón!! jaja que terá a cazadora chico...
Publicar un comentario