xoves, 26 de marzo de 2009

O deporte nacional de Galicia





Hoxe quero falar do deporte nacional en Galicia que a pesares do paso dos anos aínda perdura..., estoume a referir a mover os marcos das fincas!



Esta actividade ou "deporte" ten moitos anos de antigüidade e foi o motivo de miles de reñas, pelexas e incluso mortes entre veciños.




A escea é moi sinxela, un paisaniño (a partires de agora Ruralman1) ten unha finca que colinda con outro paisaniño (a partires de Ruralman2); aproveitando que Ruralman1 está na súa leira facendo as tarefas propias da época dase conta de que a súa propia parcela quédaselle pequena polo que logo de un análise exhaustivo de uns 2 segundos e mandando a facer gárgaras as teorías das coordenadas da finca decide mover o "marco" que separa a súa leira coa de Ruralman2. Logo de esta acción vaise a xantar a súa casa todo cheo de razón e sabedor de que a leira "agrandou".


Días despois Ruralman2 aproxímase a súa leira para votarlle unha ollada a ver como vai o crecemento do nabal pero sorprendentemente ve que alguén moveu o marco que divide a súa finca coa de Ruralman1 párase un intre e pensa para si mesmo "tivo que ser o fillo de puta este que xa a semana pasada tivo "jaleo" polo mesmo motivo con Pepe de Caña Estreita"...


De súpeto achégase o marco pero en vez de ubícalo no lugar onde estaba antes de que Ruralman1 actuase "sobre a zona" decídese a darlle 3 metros máis para aló de onde estaba inicialmente.


O día seguinte Ruralman1 da un paseo ata a leira para ver se o marco segue no lugar onde o colocou xornadas atrás pero aprecia que a súa finca lonxe de seguir coas mesmas dimensións que él estableceu ve como aminorou considerablemente collendo un enfado considerable con Ruralman2.


Aquí comeza o lío, Ruralman1 vai encentellado cara a casa de Ruralman2 a cantarlle as cuarenta por mover o marco da leira, a uns 800 metros do fogar de Ruralman2 oese achegarse un Super55 azul, é R2, polo que R1 agóchase detrás de un balado e cando o tractor pasa a súa altura tíralle un pedrusco que impacta na lúa lateral do tractor que fai que o cristal quede esnaquizado en mil pedazos.
R2 ve un sombreiro detras do balado e dase conta de que o causante do pedruscazo foi R1 da un chimpo do tractor e comeza unha persecución que pasados uns 700 metros fructifica, R1 e R2 comezan unha loita de puñetazos e insultos a partes iguais...
Os veciños que oen o barullo corren para separar, logo de separados os dous "galos" chámase a Garda Civil...
A escea é completa:
- Ruralman1 ten o ollo dereito hinchado, fáltalle un dente e sangra pola frente...
- Ruralman 2 coxea, ten o pantalon roto e tamén ten un ollo hinchado...
Os dous son apreixados e levados o cuarteliño a declarar, R1 culpa a R2 de mover o marco da finca e viceversa, logo de unha ampla declaración e ameazas verbais son postos en liberdade a espera do xuicio.
Pasados un mes celébrase un xuizo rápido onde se dictamina unha decisión salomónica: o marco voltará o seu lugar inicial polo que nin Ruralman1 nin Ruralman2 quedan satisfeitos.
Estes son os beneficios que lles aportou mover o marco:
1. Magulladuras por todo o corpo
2. Enfrontar a dúas familias
3. Perder de falarse con un veciño por uns miserables metros
4. Sair na prensa debido a "gran fazaña" dos dous individuos
e..........................................................................
5. (O MÁIS IMPORTANTE) POTENCIAR O DEPORTE NACIONAL GALEGO POR ANTONOMASIA: MOVER OS MARCOS DAS LEIRAS.
Saudos e sede vos.





3 comentarios:

Anónimo dixo...

Tremendo Víctor, tremendo!! Entre o relato de fai uns días dos velliños que madrugaban tanto pa ir cobrar e polas receitas ó médico e este, estás que te sales!! jaja. Fíxome rir moito, moi bo.

Saudiños!

Anónimo dixo...

TOTALMENTE DE ACORDO CON VERO,chico a cada paso lóceste máis!!!
Neste caso ainda non acabou mal a cousa....o malo é que a historia segue, despois do dictame do xuiz e pasados uns meses (ou un aniño) a historia volve a empezar, ca diferencia de que agora un dille o outro "xa o xuiz che puxo as cousas claras e ainda as kerer volver por máis, que este cacho e meu e non me movalo marco máis que che fendo a testa"....e o final fendense as testas e un por xenio e o outro por non kedar atrás....fan unha desgracia...
Espero que algún día este deporte e máis a modalidade "queimoche o monte" se erradique para sempre...

Raquel dixo...

Me ha encantado Lato. Deberías pensar en editar todos estos textos en algún tipo de libro titulado 'Lo que nos hace a los/as gallegos/as ser diferentes...'.

Apoyo la moción de Nishita respecto a terminar con eso de 'queimoche o monte'. Por dios!

Un saludito,