venres, 6 de marzo de 2009

Feira de Saúde

07:30 AM, soa o despertador, Ramón é o encargado de apagalo mentres Pepa rosma coma se o estrondoso son do vello reloxo de campaiñas non fose con ela.

Hoxe é día 2 e como cada primeiros de mes hai que ir o banco quitar os cartos para logo volver a ingresar unha gran parte na mesma conta asegurándose así de que a paga foi ingresada integramente e ninguén se quedou con ningún céntimo polo camiño.

Logo dun rápido aseo a parella chama a un taxi para que os transporte na distancia de 8 kilómetros que separa a aldea onde viven da capital municipal onde se concentra o centro de negocios da vila.

As 8:17 minutos o taxista xa agarda diante do corral pola parella que animosa entra no vehículo, logo da típica conversa de cando non se sabe que dicir: "virouse frío outra vez, este inverno veu doente..." chegan a praza do pobo onde o taxista "descarga a mercancía".
Son as 8:33 minutos e Pepa xa quere entrar no banco pero Ramón avisa de que aínda é moi cedo e ata as 9:00 non abren polo que é ir mellor tomar un café. A muller non está conforme polo sinalado polo seu marido pero en vista do mal día que está non lle queda outra que dar o brazo a torcer e entrar no bar de turno.

Logo de apurar o seu marido para que tome axiña o café xa que hai moito que facer: ir o banco e despois as recetas o centro de saúde e segundo a muller non lles vai dar tempo a todo.
O home que xa coñece a súa parella logo de 39 anos casado miraa con cara de indiferencia e sen decir nada pero ela segue nas "súas 13" de que como non se apure o tempo baiselles botar enriba.

Un pouco agobiado pola presión de Pepa e xa un pouco de mal xenio Ramón acaba o café de un trago e dille con cara de poucos amigos: "vamos oh!".

A parella chegan o banco 5 minutos antes da hora de apertura e xa teñen outras 6 persoas a porta, un dos traballadores do banco percátase e ante a cola que se está a formar decide abrir as portas o público antes de tempo (son primeiros de mes e é o que toca).

Logo de agardar do redor de uns 18 minutos a parella achégase o mostrador para cobrar toda a paga de xubilación que perciben voltar a ingresar todo o diñeiro agás 300€ que utilizarán para gastos. Ó banqueiro que a estas alturas xa non lle sorprende nada mira con cara de incredulidade a nosa parella pois non logra entender como aínda pode haber xente que non se crea que lle ingresan toda a paga..., en fin...

No intre en que saen da entidade bancaria Pepa (rosmona toda a mañán) apura a Ramón para que se de prisa o andar pois teñen que ir o centro de saude por recetas e seguro que vai haber moita xente pois son primeiros de mes...

As 9:33 minutos chegan o centro de saude que xa está mediado de xente, nada máis pisar a sala de espera Pepa usa a frase de rigor: "xa empezou a recoller as recetas?", "aínda non" (contesta Maruca do Incio) "pero non creo que o médico tarde moito..."

Segue a chegar máis xente e comezan a chegar coñecidos:

- Home José, ti tamén por aquí?
- Qué tal Ramón, xa facía ben tempo que non te vía carallo!!!
- Andiven algo escarallado e tiven que facer unhas placas, eche a vellez
- Bueno carallo bueno, que vas estar vello, se estás coma un rapaz de quince.
- Si home si, que máis quixera..., pois nos viñemosche o "pienso" que seica dixo Pepa que se estaba acabando, eu agora non teño acordo ningún e tomo as pastillas sen traza nin xeito, as veces as 4 as veces as 5, cando me acordo e namáis...
- Bueno oh bueno, e fuche o mes pasado á Feira á Montrelos?
- Fun oh! non valían nada os becerros, me falte tal se non é mellor darlles con un sacho na cabeza e metelos no conxelador, a miña filla xa me dixo: eu non sei para que queres andar peleando agora coas vacas a túa idade se dan máis traballo que valen!
- Cala oh! que aínda te distrás un pouco, e ademáis, a túa filla non está cotizando pola Agraria?
- Está!
- Pois logho que? fas ben mentres poidas, que mira, ninguén regala nada...
- Aiiii non oh! mira algo que entre a maiores benvido sexa...

Pola súa banda Pepa está de conversa con Maruca do Incio:

- E oiche algho de que Pilita enfermara?
- Non, non oira nada...
- Din que é do estómago pero está ingresada na "Residencia" e a min non che me cheira nada ben?
- Jesús!!!!
- Non, non che me cheira ben, porque o outro día pregunteille os fillos e dixéronme que iba tirando, pero non me dixeron máis, e cando non contan nada é que algo ten...
- Vaia por Dios, a esa muller tamén lle tocan todas...
- Si muller, parece que a veu o demo..., o home seica cando se emborracha "alúmbralle"
- Eu tamén o oín muller, vaia por Dios, un día tívolle que valer Carmen de Amancio e Manolo do Xis que senón mandaba para o outro mundo...
.Vaia por Dios muller, e os fillos non lle din nada a seu pai?
- E que lle han decir, os fillos aínda volven polo pai..., a quen un cría...

O doutor pide as recetas e entón faise un pequeno silencio que corta arredor de unhas quince conversas diferentes, nada máis entrar o doutor de novo no seu despacho, un gran barullo comeza de novo a brotar..., segue entrando máis xente e como non preguntando se xa pediu as recetas, a pouca xente que lles fai caso asinten coa cabeza e chaman a porta para darlle os papeis que aseguran que o doutor recetará máis "pienso" para o mes.

A eso das 10:20 horas, o ruido dentro da sala de espera é ensordecedor, unha mixtura de risas, berros, ruidos de sillas e discusións invaden o lugar. Alí fálase de todo, dos falecidos nos últimos días, do prezo dos productos agrarios, cotilleos dos veciños, e o pouco que suben as pensións...

Son as 10:56 e por fin o médico acaba de facer a tonelada de recetas que tiña para esa maña.
O médico disponse a dar as recetas e nada máis abrir a porta a actitude da multitude cambia por completo e faise o silencio.
O doutor comeza a recitar nomes e apelidos e comeza a desfilar algunha xente, os máis remolos nada máis recibir as súas recetas seguen a falar non respetando que hai xente que non oe o doutor e os nomes que está a decir pero dalles igual pois as recetas xa están no seu poder...

Logo da retahila de nomes o doutor pecha a porta e o minuto abrea comezando a consultar a xente enferma.
Non pasaron máis de 5 minutos e o galeno xa de mal humor abre bruscamente a porta con un "por favor, queren baixar o tono de voz, non logro escoitar o enfermo (sinalando o aparato electrónico que rodea o seu cuello). Faise o silencio, pecha a porta e os 3 segundos comezan os murmullos que se acrecentan ata chegar a ser conversacións e risas en alto non chegado aínda o minuto dende a bronca. De vez en cando oese algún "schhhhhhhhhhhhhhhhhh" en sinal de que falen máis baixo pero este aviso cae en saco roto.
Ramón e Pepa seguen coas suas conversacións banais ata que as 11:30 o médico moi enfadado abre a porta e di: "como sigan berrando así voto a todo o mundo fora e non consulto máis!".

A advertencia da o seu resultado e Pepa dille a Ramón: "veña vámonos que aínda temos que ir o Supermercado, ti nunca tes prisa ningunha". Ramón encolle os hombros cara a José e dille "non hai quen poida con elas e o carallo". José rise mentres a parella se despide para dirixirse a mercar productos de primeira necesidade.

Xa no supermercado e logo de unha compra onde non falta de nada "pois veñen os rapaces de fin de semana cos nenos e non che comen do que hai" con uns 180€ gastados fronte a brilante sonrisa da caixeira Pepa dille a Ramón que vaia avisar o taxi para que os recolla na porta do Super para cargar as cousas.
En menos de 3 minutos o taxi está alí instalado e a parella logo de despedirse na acera de uns cantos coñecidos entra no taxi e 15 minutos máis tarde xa están na aldea de volta.

Son as 12:23 e xa teñen todo o traballo feito. Ramón sentase nunha silla e Pepa mirando con mal humor dille "hai estás moi cansado, vai mirar as vacas anda que han de estar morrendo de fame...". Ramón que a ignora coméntalle "estache ben José pa idade que ten..." o que Pepa responde "como non vai estar ben, non ten nada que facer namáis que comer, durmir e poñerse de zapato novo..., vai mirar as vacas".

Esta é a maña de primeiros de mes de Ramón e Pepa que coma tanta outra xente xubilada que segue a vivir na Galicia rural fai da monotonía unha forma de vida e para eles o día 2 é un día especial pois achéganse o pobo e ven e falan con xente que non adoitan a ver todos os días.

*Os nosos maiores son entrañables e por eso os queremos tanto, son seres excepcionais e sen maldade que disfrutan con algo tan simple coma unha conversa ou indo o médico, moitas veces non valoramos cousas que facemos e que nos parecen rutina, incluso nos chegan a aburrir. Hai que valorar todas as cousas que facemos que poden parecer cansinas e repetitivas porque as persoas tenden a aburrirse axiña de todo. Como di miña avoa "todo vos cansa" e non lle falta razón.

"O día 2" é unha forma de vida... valoremolo como tal.

Saudos

5 comentarios:

Anónimo dixo...

noraboa lato, encantóume este post

Anónimo dixo...

ALUCIFLIPANTE!!!jajajaja deche no clavo totalmente..digocho eu que servin moitos deses cafes de "espera oh, que ainda non abriron...verda neniña??"
jajajajaja
pero...hai outros especimenes!!!! que ti relataches os que van xuntos....pero ...
que me dis desa parexa que veñen algo mais tarde....e el dille a ela "ala mentres ti vas polas recetas eu vou ir mirar a ferreteria unhas cousas" e ela marcha toda convencida e el atopa o "compañeiro de romerias" e sae a tipica frase..."imoslle tomar un viño oh" "uis carallo viño non q tou tomando sintron" "pois logo un cafe carallo!! ou unha sidra que esto non ten alcol" jajajajaja
e asi vota a maña o "peperete" e cando volve a paisana....el seje sen ter feito nada pero claro..ta o veciño diante e non se lle pode reñer q non keda ben. Entonces por non "dar horas" a maruxa retorce o bico e di "vueno pois entonces eu vou comprar aljo a de..xx..e ti vai o banco oh que despois faisenos tarde" e ali seje po "peperete" co veciño q fai siglos q non ve...jajajjja
aissssss se as camareras falasemos!!!!jajajaja

Raquel dixo...

Genial Lato.

Unknown dixo...

Grazas a todos. Simplemente quixen relatar nun esceario imaxinario e con uns personaxes de ficción unha mañán de primeiros de mes daquela parelliña que o "día de cobro" baixa da aldea á capital do concello e aproveitan para facer "os recados".
Tamén está pensado coma unha pequena crítica para esas persoas que van o Centro de Saude a barullar ademáis de visitar o médico non importándolle que existan pacientes na sala que de verdade están enfermos e para nada os beneficia o ruido.

Por suposto a crítica está pensada dende o cariño e con todo o aprecio do mundo.

Saudos e grazas a tod@s por estar ahí.

Anónimo dixo...

Eres tremendo Víctor!! Moi ben escrito, si señor!! Lendo isto ata es quen de poñerlle cara ós personaxes, porque de seguro que varios dos nosos veciños coincidirían perfectamente nesas características. Moi bo, moi bo!

Un saudiño!