xoves, 12 de marzo de 2009

Miniviaxe a Allariz

Hai moito tempo que teño gañas de coñecer Allariz. Teño oido maravillas de este vila ourensá pero por unha cousa ou por outra o tempo foi pasando e como decía Ángel o meu profesor de Historia no instituto de Curtis (un auténtico fenómeno): "case sempre coñecemos antes o de fora que o que temos na casa, e así nos vai". Pois ben de esta volta apliqueime o conto e pensando nas verbas do gran Ángel entre Noe e eu planificamos esta mini excursión de fin de semana a vila alariquense. Din que o enclave é espectacular e o coidado das construccións e a similitude das mesmas deixa pasmados a quen o visita. Ademáis o entorno natural que rodea Allariz parece ser que é digno de ser admirado..., xa vos comentarei a ver cales son as miñas percepcións a volta da fin de semana pero estou completamente seguro que han de ser boas (ogalla non me equivoque).
Veremos que nos depara o fin de semana as ribeiras do Arnoia..., levarei a cámara para inmortalizar o momento e seguramente que veña para Sobrado algún recordo da provincia de Ourense. Ponte da Vilanova (non, non é Sobrado, é Allariz)
Estatuas de homes e o famoso Boi, homenaxeando a festa na súa honra

A Praza do Concello

Casco antigo

Outra zona do casco antigo

Detalle de fonte tamén no casco antigo





2 comentarios:

Anónimo dixo...

eche un sitio moi fermoso e ben restaurado..eu fun de visita cando Tamara vivia ali....gustoume moito....

Anónimo dixo...

A min tamén me falaron moi ben dese sitio, e polo que vexo nesas fotos ten que ser precioso. Outra vila ourensá que ten fama de ser bonita tamén é Rivadabia.