venres, 8 de outubro de 2010
Para rematar a semana, unha de anuncios...
Teño o pracer de compartir convosco o anuncio prohibido de Coca Cola. Meu primo Félix de Ponferrada que é un auténtico crack no tema dos correos electrónicos deixoume esta xoia!
Colosal para o meu gusto.
Que disfrutedes da fin de semana, e os que teñades ponte, que disfrutedes con ración doble.
Unha aperta.
Agora máis que nunca, Depor campeón!!!

Debemos apoiar, non valen as excusas...
FORZA DEPOR!!!
xoves, 7 de outubro de 2010
Vacacións 2010 (1ª parte)





Catedral de Sevilla, coa Giralda e os cabalos (por certo moi recomendable a visita os lugares máis importantes da cidade no cochiño dos cabalos)


Con él perdeuse un Campión do Mundo



mércores, 6 de outubro de 2010
O "semitemporal" do domingo fíxose notar en As Cruces

"California Gurls" Katy Perry feat. Snoop Dogg
Imoslle dar un pouquiño de vidilla a este mércores con este tema moi pegadizo de Katy Perry e coa colaboración do rapeiro Snoop Dogg. California Gurls é un dos temas que máis está a soar nas radiofórmulas neste comezo de outono. Cada vez que escoito esta canción produceme certo subidón.
Saudos.
luns, 4 de outubro de 2010
A pregunta da semana
Martes 28 de setembro, Esteban e eu quedamos en Ramiro para tomar algo mentres vemos o partido de Champions League entre o Auxerre e o R. Madrid, o pouco de comenzar o encontro chega un crack con barba, séntase nun taburete preto de nos, pide un "refrixerio" de laranxa, préndelle lume ó seu cigarro e comeza a contar chistes, igualiño, igualiño que Eugenio. Mentres tanto nos esmendrellabámonos pois esta actuación durou todo o partido..., quen era o personaxe en cuestión.
Asasino con tacos
Nigel de Jong, "futbolista" holandés do Manchester City volveu a facer das súas co consentimiento do xuíz da contenda.
Este "carniceiro", pois non se pode catalogar de outro xeito, logo de que entre outras andanzas lle metese literalmente a rodilla no peito a Xabi Alonso na final do pasado mundial de Sudáfrica 2010 e non ser castigada esta agresión debidamente polo controvertido Howard Webb. Esta fin de semana rompeulle a rodilla e Hatem Ben Arfa, ex-futbolista do Olympique de Marsella que actualmente milita no Newcastle United ingles, o equipo de Xisco, Coloccini e José Enrique entre outros. O curioso do caso é que de novo a arbitraxe volveu a estar do seu lado e non se sancionou nin con falta a acción.
No caso de De Jong chove sobre mollado, non son dous casos aislados senón que desde que se deu a coñecer no fútbol profesional destacou sempre pola súa agresividade rozando case a violencia que polo seu toque de balón. Creo firmemente que todo aquel que lesiona a outro xogador a proposito debería ter a mesma sanción que o futbolista perxudicado esté de baixa, así protexeríase máis a todo aquel que intenta agradar co seu fútbol e que fai que millóns de afeccioados de todo o mundo sintamos verdadeira paixón por este deporte.
Aproveito dende aquí para darlle a noraboa a Bert Van Malwijk por deixar fora da convocatoria da selección holandesa a este energúmeno logo de cortarlle de raiz a progresión a un rapaz, Ben Arfa, que promete ser nun periodo curto de tempo, unha das estrelas do fútbol europeo.
Deixovos o video coas entradas a Xabi Alonso e Ben Arfa, os dous "hits" máis importantes na carreira do leñador De Jong.
O coche segue sendo o medio favorito para viaxar

Unha vez máis grazas a tod@s por participar
venres, 1 de outubro de 2010
Volta á normalidade

De todos modos será un día atípico pois retorno a finais de semana e ata o luns non me sentirei aínda integrado de novo no traballo. Pouco a pouco como diría o outro.
E polo de agora pouco máis que contar, ando poñéndome o día co traballo atrasado.
Bicos, abrazos e boa fin de semana.