luns, 31 de maio de 2010

Enquisa: resultados moi axustados

Andivo a cousa moi apretada nos resultados da enquisa do mes de maio na que se preguntaba "se te considerabas unha persoa afortunada no amor". 10 persoas (52%) considéranse afortunadas mentres que 9 persoas (48%) non se consideran afortunadas. Andivo a cousa moi xustiña..., grazas a tod@s por participar. Axiña estará a enquisa do mes de xuño.

A pregunta da semana


Quen dixo o sábado de madrugada "eu tranquilo e ela quieta?"

venres, 28 de maio de 2010

Qué che suxire?





Hoxe nova entrega do "que che suxire?" co polifacético "Rolling Stone" Mick Jagger. Xa sabedes un adxectivo ou ben un sustantivo para definir á persoa en cuestión.

Saudos e boa fin de semana.

Unhas risas nunca veñen mal



Necesitaba rirme, rirme de verdade, desto que che can as lágrimas coa risa e este video conseguiuno. Do mellor que vin pola rede ultimamente, os comentarios sublimes (visionadeo máis de unha vez porque o documento é dos bos) e por suposto, o plato forte chega ó final coa actuación do neno pequeno. Creo que no vindeiro día de troula forte vou cambiar o "a robar carteras" por todo "esto".

Saudos.

mércores, 26 de maio de 2010

GRAZAS


Grazas a todos e a tod@as por acordarvos de min e darme ánimos nestes días un pouco menos felices do habitual.

Unha aperta.

martes, 25 de maio de 2010

Xogaremos os acertixos (2)



Pista número 2 para atinar quen será o grupo ou solista cabeza de cartel da XI Edición da Feira da Troita. Hoxe..., FANGORIA

A pregunta da semana

Quen confesou o pasado domingo que lle gusta comer a lasagna con patacas fritas?

sábado, 22 de maio de 2010

Xogaremos os acertixos



O cartel da XI Feira da Troita de Sobrado está a piques de pecharse e as negociacións avanzan no bo camiño pero aínda é segredo o grupo ou solista que actuará de cabeza da cartel.
Eu irei dando pistas falsas e so duas verdadeiras ó longo de estas semanas mentres non se produza de maneira oficial a presentación dos carteis a ver se atinades que artista ou artistas estarán en Sobrado o 21 de agosto.
Hoxe a primeira pista, ALEX UBAGO.

venres, 21 de maio de 2010

Unha finde para disfrutar da climatoloxía

Por fin chegou o sol e o calor; parece que a climatoloxía nos vai seguir acompañando estes días (polo menos ata luns). A xente tiña moitas gañas de praia e no momento en que comezaron a aparecer os primeiros síntomas de calor os areais comezáronse a encher de bañistas ansiosos de bo tempo.
De seguro que mañán as praias de todo o país van a estar a rebosar de xente: calor, bo tempo e por riba sábado..., apetecible, moi apetecible... peroooo, polo que a min respecta non me collerá esa breva (non por que non queira) senón porque mañá comezamos o Camiño Norte por tramos divididos en diversos sábados cara a Santiago (que por certo igual nos vai vir a vista con este solano...).
Eso sí, o domingo e o luns (en Sobrado é festivo local) será outra historia e poida ser que comece a miña rápida e intensa carreira-habilidade para poñerme "moreno-xitano" (como di a gran Maricarmen -miña nai-) en 0.5 ou en menos tempo aínda.

QUE DISFRUTEDES DO FINDE, A PASALO COMO A OCASIÓN SE MERECE!

Hoxe Festa do 5º Aniversario do "Pub Kemais?"

Un dos pubs referencia na movida melidense, o Pub Kemais? celebra na noite de hoxe unha macrofesta como conmemoración dos 5 anos de gran atención o público que leva o establecemento. O xerente do pub Alberto e a súa xente convídanvos a tod@s a que vos pasedes hoxe por alí, a diversión está garantida, haberá festa por todo o alto e acabará moi, moi tarde.
Ademáis ó "Kemais" estrea sistema de iluminación, haberá festa de Ron Brugal e Coca Cola, agasallos personalizados para todos os asistentes, Azafatas, Go-go´s, Drag Queens, Choiva de Cd´s, sorteo sorpresa e un SUPER SORTEO DE 300€ EN EFECTIVO.
Non tedes excusa para non ir, estades tod@s convidad@s.

P.D: FELICIDADES A XERENCÍA E PERSOAL DO PUB KEMAIS POLO SEU BO FACER Ó LONGO DE ESTES 5 MARAVILLOSOS ANOS. E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!!!