venres, 21 de maio de 2010

Unha finde para disfrutar da climatoloxía

Por fin chegou o sol e o calor; parece que a climatoloxía nos vai seguir acompañando estes días (polo menos ata luns). A xente tiña moitas gañas de praia e no momento en que comezaron a aparecer os primeiros síntomas de calor os areais comezáronse a encher de bañistas ansiosos de bo tempo.
De seguro que mañán as praias de todo o país van a estar a rebosar de xente: calor, bo tempo e por riba sábado..., apetecible, moi apetecible... peroooo, polo que a min respecta non me collerá esa breva (non por que non queira) senón porque mañá comezamos o Camiño Norte por tramos divididos en diversos sábados cara a Santiago (que por certo igual nos vai vir a vista con este solano...).
Eso sí, o domingo e o luns (en Sobrado é festivo local) será outra historia e poida ser que comece a miña rápida e intensa carreira-habilidade para poñerme "moreno-xitano" (como di a gran Maricarmen -miña nai-) en 0.5 ou en menos tempo aínda.

QUE DISFRUTEDES DO FINDE, A PASALO COMO A OCASIÓN SE MERECE!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Será moreno-xitano, pero polo menos poste moreno, que eu teño o mismo color de leite fervida todo o ano! jajaja que penuria, nin tomando o sol nin poñéndome á sombra... jeje

Unknown dixo...

Eu polo color non é, pega a primeira "raiola" e xa se me pon color chamizo, ja ja ja.