martes, 18 de maio de 2010

Paffendörf "Where are you"



Un dos pubs que catapultou definitivamente a Melide na cúspide da marcha en Galicia a primeiros deste século foi o Versus. Destacaba por ser diferente os demáis pubs que nesa época estaban ubicados na zona de copas melidense; sobre todo pola súa coidada decoración e a súa música, polo xeral totalmente apartada do "pachangueo" habitual que era o denominador común na noite melidá. O Versus tiraba máis cara a música alternativa e electrónica, unha música que é a miña auténtica debilidade. Se hai duas cancións que me recordan a ese pub unha é o archicoñecido "Hey Boy, Hey Girl" dos grandiosos Chemical Brothers e a outra é este estupendo "Where Are You?" dos alemáns Paffendörf. Momentos incribles e inesquecibles os vividos nese máxico lugar que dende hai un par de anos doulle paso ó Cult Room (moi ben xestionado por certo).
Para nostalxicos e nostalxicas que recordan esta canción coma unha das bandas sonoras da súa vida...

VAI POR TOD@S VOS!

Ningún comentario: