xoves, 20 de maio de 2010

Se non o fago revento

Coñecía dende hai algún tempo o maravilloso funcionamento do Spotify (ese espectacular adianto tecnoloxico que nos permite escoitar millóns de cancións sen ter que descargalas). Pero como toda maravilla sempre hai un "pero" e ese "pero" en cuestión é que para poder acceder a este programa alguén QUE XA SEXA USUARIO DE SPOTIFY te ten que invitar a acceder, ademáis cada usuario tan so ten 10 prezadas invitacións (coma se de pases VIP para a Sensation de Amsterdamm se tratase). Grazas a Sandra, a xogadora do Atlético Sobrado que as veces tamén xoga coma porteira (Sandra, tiña que dicilo..., jajaja) adentreime no maravilloso mundo Spotify. Unha das cousas que chama a atención é que entre canción e canción hai anuncios relacionados con este programa, e ahí é onde quero chegar. Nada máis oir o primeiro anuncio dunha voz masculina, moi pegadiza e que soa a seguridade dixen: "j...., este tío é o do Corte Inglés!"
Polo tanto e sen pensalo moito dixen: "esto merecese un grupo en Facebook", e así foi que me decidín a crealo, o grupo chámase "Creo que el Voz en Off del Spotify y El Corte Inglés son la misma persona".

Xa sabedes, se desexades formar parte de este grupo o sentirvos identificados/as coa voz escribide en "buscar" do voso Facebook e unidevos.

Ningún comentario: