luns, 31 de maio de 2010

Enquisa: resultados moi axustados

Andivo a cousa moi apretada nos resultados da enquisa do mes de maio na que se preguntaba "se te considerabas unha persoa afortunada no amor". 10 persoas (52%) considéranse afortunadas mentres que 9 persoas (48%) non se consideran afortunadas. Andivo a cousa moi xustiña..., grazas a tod@s por participar. Axiña estará a enquisa do mes de xuño.

1 comentario:

Vero86 dixo...

Pois si que está a cousa apertada... A crise ás veces afecta a todo: á economía, ó amor,... jeje

Eu polo de agora non podo queixarme, penso que teño máis do que merezo (no amor, no tema económico e laboral xa podía mellorar algo jaja).

Moi orixinal a enquisa!
Sigo votando un mes máis ;)

Saúdos