martes, 31 de xaneiro de 2012

A Porra: xornada 15

A xornada 15 traenos coma partido máis destacado o Atlético de Madrid - Valencia nunha clara pugna por entrar nos postos de Champions League.

PARTIDOS:

Atl. Madrid - Valencia * PARTIDO DA XORNADA
Getafe - R. Madrid
Barcelona - R. Sociedad
Recreativo - Deportivo
Atl. Sobrado - Mesía


Sorte!!!



A Porra: a victoria do Depor apreta máis a clasificación

Un total de 4 participantes sumaron na porra desta semana e todos co mesmo partido, o Deportivo 2 - Cartagena 1. Todos sabemos que o Depor está a ganar partidos de maneira axustada algo que está a facer que nestas semanas os acertos proveñan dos partidos que disputa o equipo de Oltra.
Así pois Iago logo do seu acerto empata no máis alto da táboa con Finito e Chino. Pola súa banda Petete encarámase na segunda praza adiantando a Alberto. Emilio con 3 novos puntos empata con Esteban a 18 puntos e Pirulo pouco a pouco, segue sumando, logo do seu terceiro acerto ponse con 9 puntos na clasificación.

PARTIDOS:

Villarreal 0 - Barcelona 0 * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 3 - Zaragoza 1
Deportivo 2 - Cartagena 1
Vizoño B 2 - Atl. Sobrado 1
Osasuna 0 - Atl. Madrid 1

CLASIFICACIÓN:

1. FINITO / CHINO / IAGO: 27
2. PETETE: 25
3. ALBERTO: 24
4. LATO: 19
5. ESTEBAN / EMILIO: 18
6. VILLA: 15
7. PITUS / FERREIRO9: 11
8. PIRULO: 9
9. PAZITOS: 6
10. NURIA / JOSÉ ANTONIO: 3

venres, 27 de xaneiro de 2012

Avicci = Tim Berg



Hai uns meses colguei "Seek Bromance" do deejay sueco Tim Berg e hoxe deixo por eiquí "Levels" o último traballo de Avicci que ben a ser a mesma persoa pois o artista utiliza varios sobrenomes mais Tim Berg e Avicii son os máis recoñecidos a nivel mundial. A letra soarabos xa que é o "Good Feeling" de Flo Rida,

Que teñades unha boa fin de semana, polo que a min respecta teñoo totalmente a calzador!!!

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Por se aínda quedaban dúbidas

Seguro que a maioría dos que dispoñedes tarifa de datos no voso teléfono móbil e usades a aplicacion WhastApp recibistes nas últimas semanas unha mensaxe en cadena de que a aplicación pasará a ser de pago..., nada máis lonxe da realidade, pois os seus "xefes" desmentiron esta información hai escasos días.

Déixovos a información de ABC



WhatsApp: " Los mensajes en cadena anunciando que seremos de pago son un engaño"


- La popular aplicación de mensajería instantánea sale al paso ante la inquietud de los usuarios



WhatsApp, la popular aplicación de mensajería instantánea para los smartphones, ha tenido que comunicar expresamente que los mensajes en cadena que están circulando a través de la aplicación, que indican que se va a volver de pago, son falsos. "Se trata de un engaño", así es como desde el blog oficial de WhatsApp han avisado a sus usuarios.

Se han visto en la necesidad de responder tras recibir infinidad de correos electrónicos y preguntas al respecto. El mensaje que ha causado el conflicto y que ha puesto a la gente en alerta es el siguiente: "WhatsApp nos va a costar dinero muy pronto. La única manera de que lo sigas teniendo gratis es siendo un usuario habitual, es decir, tener al menos diez conversaciones abiertas. Sólo tienes que mandar este mensaje a diez personas y el logo de WhatsApp pasará a estar rojo".

No es nada nuevo. Este tipo de cadenas ya habían circulado con anterioridad, y también en otras aplicaciones como el Blackberry Messenger. Incluso años atrás, pasaba con Hotmail o el MSN.

Desde WhatsApp han declarado que se sienten halagados de que se les preste tanta atención, pero prefieren "trabajar en funciones novedosas y divertidas en vez de estar desacreditando historias tontas como estas". Además han alertado de que hay otro mensaje también tomando fuerza a través de la aplicación, y que dice que WhatsApp va a ser cerrado el 28 de enero, según un mensaje del director general Jim Balsamic.

A día de hoy, la famosa popular aplicación que está revolucionando las comunicaciones móviles y que ha "obligado" a las operadoras a adelantar su propio servicio de mensajería RCS-e, todavía siguen sin estar disponible para descarga en la tienda de aplicaciones de Apple, App Store. La empresa así lo anunció el viernes a través de su perfil oficial de Twitter.

En la actualización, señalan que el motivo de la retirada es el lanzamiento de una nueva versión del servicio. "Lo sentimos. WhatsApp está temporalmente inaccesible en iTunes. Hemos presentado una nueva versión y estamos esperando su aprobación y publicación por parte de Apple", señalan. Esto se debe a los problemas de seguridad de versiones anteriores, y que Apple quiere asegurarse de que todo vaya correctamente para el lanzamiento de la nueva

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Este venres festón en Supernova

Excelente programa o que nos ten preparado a Sala Supernova de Sobrado dos Monxes para este venres. Visitará o esceario do local unha das mellores orquestras de Galicia: OLYMPUS.
Por se esto fora pouco os amantes da música electrónica estamos de noroboa pois en cabina estará a Dj. Sexation (Miss Playboy en Portugal).

A cousa promete!!!

martes, 24 de xaneiro de 2012

D.E.P.



Púxeno antonte no meu Facebook e hoxe deixo colgado aquí. Os que non o vistes clicade na imaxe para ampliar. Non ten desperdicio ningún... e é que o instinto as veces mata!

luns, 23 de xaneiro de 2012

A Porra: xornada 14

O partido destacado desta xornada será o que enfrontará a un Villarreal vido a menos fronte ó F.C. Barcelona que se non quere perder o tren da liga debe seguir sumando de 3 en 3 puntos.
Que haxa sorte!

PARTIDOS:

Villarreal - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid - Zaragoza
Deportivo - Cartagena
Vizoño B - Atl. Sobrado
Osasuna - Atl. Madrid

A Porra: cambios importantes na clasificación

Xiro importante na clasificación logo da xornada 13 da porra. Alberto que comandaba a clasificación empatado con Finito abandona o liderato. Este liderato de Finito é compartido agora con Chino a 27 puntos. Finito acertou o Betis - Sevilla e Chino o partido da xornada. Empata Iago a 24 puntos con Alberto logo de acertar tamén o Betis - Sevilla. Na terceira posición sitúase Petete que cada vez achégase máis a cabeza logo de acertar tamén o partido da xornada. Na 4ª posición aparece quen vos escribe que tivo a sorte de acertar o Málaga - Barcelona. Un punto por detrás ven Esteban que tamén sumou o acertar o Betis - Sevilla (o partido que fixo que puntuaran ata un total de 5 participantes). Pirulo tamén foi outro dos que sumou nesta xornada logo de acertar o derbi sevillano o igual que José Antonio que se estrea puntuando na competición logo de atinar o mesmo partido. Con estes resultados xa non queda ningún participante que teña 0 puntos.

RESULTADOS:

R. Madrid 4 - Athletic Club 1 *PARTIDO DA XORNADA
Málaga 1 - Barcelona 4
Deportivo 1 - Villarreal B 0
Atl. Sobrado 0 - Brexo Lema B 2
Betis 1 - Sevilla 1

CLASIFICACIÓN:

1. FINITO / CHINO 27
2. ALBERTO / IAGO 24
3. PETETE 22
4. LATO 19
5. ESTEBAN 18
6. VILLA / EMILIO 15
7. PITUS / FERREIRO9 11
8. PAZITOS / PIRULO 6
9. NURIA / JOSÉ ANTONIO 3

venres, 20 de xaneiro de 2012

Calqueira tempo pasado (as veces) foi mellor



Eu son do sector minoritario, é dicir, dos que pensan que Fito era moito mellor en Platero y Tú que na actualidade. A súa música desde que é Fito y los Fitipaldi tendeu a un estilo máis popeiro e comercial. Hoxe, contento pola recente noticia de volven a unirse os "Heredeiros da Crus" deixovos unha das cancións que máis me gustan dos extinguidos Platero: "Hay poco Rock&Roll".

Que teñades unha boa fin de semana túzar@s!

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Una y no más, Santo Tomás



Hoxe quérovos falar de unha "clavada", un "timo" chamarnos tontos a cara ou como lle queirades chamar. Onte tiñamos partido de Liga de Fútbol Sala na Coruña como cada semana, un partido que por outra parte non se chegou a disputar debido a que a pista de Salesianos presentaba moita humidade é un aspecto resbaladizo que podería facer peligrar a integridade de árbitros e xogadores dos dous equipos. Faltaban 30 minutos para o comezo do R.Madrid - Barcelona polo que decidimos ir a un bar no que soemos parar logo dos partidos co agallo de velo todos xuntos. O bar en cuestión, Casa Encarna, para máis sinais estaba a tope e dado que eramos unha boa pandilla de xente: Chino, Nuria, Pichi, Isaac, Piru, Cristina, María e eu decidimos ir a outro lugar. Finalmente e logo de unha pequena volta vimos que a Cervexería El Faro, situada en Alvaro Cunqueiro 7, na 2ª Fase de Elviña xusto antes do enlace con Alfonso Molina tiña sitio de sobra para nos e alí nos fumos. Comezamos a tomar un par de voltas e sorprendeunos que non nos puxeran nada para picar a`pesares dos prezos (aceitunas, froitos secos, etc...) polo que as garimbas a pao seco entran bastante peor. A verdade é que o servizo de camareiras era bastante, bastante lento, eso sí, a hora de cobrar andaban ben áxiles: aínda non tiñan case postas as roldas e xa che decían o que costaban para que pagases. Logo de 3 roldas Chino suxeriulle a camareira se non tiña algo de aceitunas, patacas ou algo parecido. Ela contestou que sí e volveu con unha bandexa de un tamaño máis ben tirando a mediano (eramos 8 e non chegaba a nada) e unha cazoliña minúscula de aceitunas (se as patacas non chegaban o das aceitunas era de risa), pero a nosa sorpresa maior foi cando a camarera solta un "son 4€"..., quedamos atónitos. Tomamos outra rolda máis (sen pedir de comer claro esta) rematou o partido e saimos pitando de alí. Mal servizo (incluso nalgunha das veces que veu a mesa levábase vasos mediados na bandexa), prezos altos nas bebidas, altísimos no picoteo e por riba deben pensar que marchas sen pagar...


Mira que podían facer uns bos clientes pois temos a costume de parar a tomar unha ou máis sempre despois de xogar pero visto o visto eu non volvo, e creo que o resto de expedición tampouco. Así que xa sabedes, se ides a EL FARO e pedides de picotear, atentos as consecuencias. EU ADVERTINO!!!