luns, 23 de xaneiro de 2012

A Porra: cambios importantes na clasificación

Xiro importante na clasificación logo da xornada 13 da porra. Alberto que comandaba a clasificación empatado con Finito abandona o liderato. Este liderato de Finito é compartido agora con Chino a 27 puntos. Finito acertou o Betis - Sevilla e Chino o partido da xornada. Empata Iago a 24 puntos con Alberto logo de acertar tamén o Betis - Sevilla. Na terceira posición sitúase Petete que cada vez achégase máis a cabeza logo de acertar tamén o partido da xornada. Na 4ª posición aparece quen vos escribe que tivo a sorte de acertar o Málaga - Barcelona. Un punto por detrás ven Esteban que tamén sumou o acertar o Betis - Sevilla (o partido que fixo que puntuaran ata un total de 5 participantes). Pirulo tamén foi outro dos que sumou nesta xornada logo de acertar o derbi sevillano o igual que José Antonio que se estrea puntuando na competición logo de atinar o mesmo partido. Con estes resultados xa non queda ningún participante que teña 0 puntos.

RESULTADOS:

R. Madrid 4 - Athletic Club 1 *PARTIDO DA XORNADA
Málaga 1 - Barcelona 4
Deportivo 1 - Villarreal B 0
Atl. Sobrado 0 - Brexo Lema B 2
Betis 1 - Sevilla 1

CLASIFICACIÓN:

1. FINITO / CHINO 27
2. ALBERTO / IAGO 24
3. PETETE 22
4. LATO 19
5. ESTEBAN 18
6. VILLA / EMILIO 15
7. PITUS / FERREIRO9 11
8. PAZITOS / PIRULO 6
9. NURIA / JOSÉ ANTONIO 3

Ningún comentario: