venres, 13 de xaneiro de 2012

Jasper Forks "River Flows In You" Versión Vocal Remix



Pasoume a semana no auténtico aire e case sen darme conta vexo que volve a ser venres, xa sabedes, día da música electrónica por excelencia neste blog. Hoxe quero deixar un tema entre romántico, dance, pegadizo e de calidade. Trátase do "River Flows In You" en Versión Vocal de Jasper Forks que tamén ten unha versión instrumental. Comentar que este temazo é orixinario de Yiruma, un compositor de piano de Corea do Sur e co cal comparto quinta (1978).

A canción ademáis soaravos porque Digital Plus está usandoa para anunciar as súas series de nova tempada.

Nin que decir ten que desexo que disfrutedes do finde como Deus manda, a tope... que non vos quede por nada e non vos manquedes.

1 comentario:

vero86 dixo...

A min tamén me pasou rapidísima, será por iso de cumprir anos o luns e querer celebralo o sábado, que pasou nun suspiro! jaja
Boa fin de semana!