martes, 23 de novembro de 2010

"Precampaña" moi quente







Varios dos principais partidos políticos que se presentan os comicios cataláns o vindeiro domingo non dubidaron en incorporar o erotismo nos seus spots de campaña. Un sistema novidoso que non deixou indiferente a ninguén.
O ex-presidente do F.C. Barcelona Joan Laporta "adquiriu" a actriz de Cine X María Lapiedra para promocinar o seu partido.
Pola súa banda, as Xuventudes Socialistas fixeron un video no que o lema reza "Votar é un pracer".
Mentres a ex-popular Montse Nebrera non dubidou en facer un spot que se titula "El Video Porno de Montse Nebrera". Sen lugar a dúbida queda claro que a publicidade segue sen ter fronteiras.

P.D: podedes "clickar" sen medo algún nos videos, non teñen nada que nos poida escandalizar.

Saudos

2 comentarios:

vero86 dixo...

Na política xa debe estar todo inventado, porque ter que recurrir a estes spots para a campaña electoral... vaia por Dios.
Desde logo, vaia cara de "pracer" (ou o que sexa) que poñen algunhas!

Unknown dixo...

O domingo á noite saberemos se as "campañas" surtiron efecto. O que está claro e que con estes "spots" os cataláns e catalanas deben ter a líbido polas nubes...