martes, 25 de setembro de 2012

Aparecen os causantes da "falcatruada" de Vallecas

Domingo unha vez máis fomos testigos de que vivimos nun país de auténtica pandereta. O que non suceda en España non ocorre en ningún outro lugar. Logo de aventuras fantásticas como o roubo do Códice Calixtino a cargo de un electricista, a trama Gürtel onde estan corruptos ata os traxes que visten certos personaxes, a "Princesa del Pueblo" aka Belén Esteban crendose a reina do mambo ou o tema dos ERE en Andalucía tocoulle o turno ó fútbol: o deporte rei, ese onde as palabras de un tal  JoséMourinho ou un tal Sandro Rosell poden ter máis relevancia que calqueira persona que aporte algo positivo a este país a deriva.
O caso foi que no Estadio de Vallecas íase disputar o derbi madrileño correspondente á 5ª xornada Liga BBVA entre o Raio Vallecano e o R. Madrid as 19.50 horas pero de golpe e porrazo surxe a noticia que roubaron parte da instalación electrica do Estadio Vallecano e o partido tivo que ser finalmente suspendido. Coma se de unha película do sagaz axente Manuel Torrente se tratase as forzas da orde do Estado puxéronse en busca e captura para dar conta dos causantes de semellante barbarie. Finalmente parece que a cousa chegou a bo porto e foron detidos dous individuos de nacionalidade portuguesa que atenden os nomes de Cris e Kepler. Ningún dos dous detidos chega a trintena de anos e negáronse a facer declaracións, o único que se sabe é que un deles non se cansaba de decir á Policia que estaba moi "trixxxxxte".

Seguiremos informando

1 comentario:

Suso dixo...

Moito bonitoooooo.....