xoves, 9 de maio de 2013

Ata sempre, "Fendetestas"



Acaba de sair a luz pública o triste falecemento do actor navarro Alfredo Landa, un dos clásicos das películas españolas da última metade do século XX e principios do XXI.

Parece ser que Landa de 80 anos xa levaba unha tempada enfermo e faleceu na súa Pamplona natal.
Non serei eu quen descubra as virtudes ou os defectos de este actor o cal lle gardo especial cariño, como xa supoñedes, por ser o protagonista de EL BOSQUE ANIMADO. A película de José Luis Cuerda que foi case integramente rodada aquí en Sobrado dos Monxes aló polo ano 1987 cando eu era un cativo de 9 anos.

Hai algún tempo fixen un post relacionado con esta película, na que Alfredo Landa facía o papel do bandido "Fendetestas". Un simpático e bonachón asaltante de camiños que pululaba (como dicía hai un anaco Pepe Trola no Facebook), polas nosas corredoiras.

Desde aquí desexarlle unha feliz viaxe a Alfredo, unha persoa que para sempre quedará ligada a historia de Sobrado dos Monxes.

D.E.P.

Ningún comentario: