martes, 14 de maio de 2013

Canto me alegro Dolo!



Hoxe quero destacar a gran nova que se produxo deportivamente falando en Galicia a pasada fin de semana. O Burela-Pescados Rubén gañou a Liga Feminina de Fútbol Sala logo de imporse ó Atlético de Madrid. A capitana do equipo é unha vella amiga, compañeira de clase e compañeira de pandiña no IES de Curtis. Falo de Dolores Sánchez, máis coñecida como "Dolo".

Dolo, que naceu en Curtis no 1980 comezou a despuntar no fútbol sala femenino cando comezou a xogar no Peluquería Mixta de Friol, logo fichou polo Riazor da Coruña e hai 5 anos recalou no equipo co que se ven de proclamar Campiona de España. É a primeira vez na historia da Liga Feminina que o equipo de un pobo (Burela) acada o título de liga.

Desde aquí enviarlle a miña máis sincera noraboa, a esta vella amiga que xa hai algúns anos que non vexo pero que non quita que hoxe o vela en diversos xornais me puxera moi contento.

Déixovos a entrevista que sae hoxe na última páxina da Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2013/05/14/dolores-sanchez-gustanos-unhas-heroinas/0003_201305G14P60991.htm


Ningún comentario: