xoves, 2 de maio de 2013

Cumbraos 2013, QUE FESTÓN!!!


A Comisión Organizadora na Honra do Corpus Christi de CUMBRAOS dou a coñecer onte o elenco de orquestras e agrupacións musicais que actuarán os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño.

Non hai palabras para catalogar a noite do 31 de maio: PARIS DE NOIA, orquesta archiconsagrada que leva moitos anos sendo unha das mellores da escea musical galega e o grupo CLAXXON, sen lugar a dúbidas a formación revelación do pasado verán 2012.
O campo da festa vaise quedar pequeno vendo o que promete esa noite. Será sen lugar a dúbidas un día inesquecible para os veciños de Cumbraos e alrededores.

Pero non acaba ahí a cousa, o sábado 1 de xuño prosegue a festa. Para abrir boca a hora do vermú estará a Orquestra na que este ano debuta a nosa amiga Roly que non é outra que ALARMA. Esta mesma formación estará á noite acompañada por ESTRELLAMAR.

E para darlle un punto e final como mandan os canons, o domingo 2 de xuño ó mediodía será a Charanga "OS AMIGOS" de Visantoña quen faran bailar ó respetable antes de xantar.

Desde aquí dar a miña máis sincera noraboa os membros da Comisión porque non é doado elaborar este cartel coa que está caendo e máis aínda se analizamos que San Xulián de Cumbraos é unha parroquia de Sobrado que non chega ós 400 habitantes. Así pois, con máis razón merecen o meu recoñecemento.

MOITA SORTE E QUE VIVA O CORPUS CHRISTI!!!

Ningún comentario: