mércores, 16 de outubro de 2013

MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NON!!!


Deixei pasar uns días sen escribir isto por que cando me enterei, foi tal o rebote que collín que preferín non facer un post e poñer barbaridades das que despois me arrepentira.

Aínda non remata as vacacións cando unha chamada telefónica me informou do que estaba a suceder... non daba crédito...

Seguramente a maioría de vos sabe de que estou a falar e para os que non o saibades refirome a Modificación do Trazado do Camiño Norte que a Xunta de Galicia quere levar a cabo e que afectaría a varios concellos por onde pasa actualmente o Camiño entre eles Sobrado.

O que se pretende é facer unha modificación (non sei a santo de qué) para "supostamente" seguir o Camiño que "históricamente" usaban os peregrinos.

E digo eu: pero vamos haber almas de Dios, cabezas pensantes de San Caetano..., como que Camiño que usaban os peregrinos históricamente? acaso me queredes decir que o Mosteiro de Sobrado, fundado no ano 952 non é un dos puntos de referencia do Camiño de Santiago??? En que cabeza colle iso??? E máis, igual algúns na Xunta non o saben pero hai un par de séculos, Sobrado era paso do Camiño Francés, sí sí, do Francés, do Camiño máis importante en volume de peregrinos que transcorre ata chegar a Compostela.

Non hai que ser ningún lumbreras para saber que os Mosteiros daban acobillo ós Peregrinos desde tempos ancestrais. Eran hoteis, pousadas, hospitais... todo en un. A pouco que os señor@s da Xunta entren no "youtube" e cliquen temas relacionados co Albergure Público de Peregrinos de Sobrado que está situado dentro do propio Mosteiro de Santa María (todo un luxo) daranse conta da importancia que ten, as marabillas das que falan os viaxeiros nos seus videos, o moito que flipan desde o mesmo claustro dos peregrinos nunha estrelada noite sobradesa...

 E agora estes señores veñen co conto de que se atinxen a historia para desviar o Camiño Norte do centro de Sobrado obviando así un pobo que conta con servicio abondoso de hostelería e aloxamento así coma outras necesidades básicas para os viaxeiros como Farmacia, Panaderías, Supermercados, tendas de calzado e souvenirs, quiosco, banco, carnicerías, estanco, coches de liña a Santiago e A Coruña, taxis, Pavillón Polideportivo que as veces é usado por grupos multitudinarios de peregrinos e por suposto unha oficina de Información ó Turista con acceso gratuito a internet.

Coa modificación que aparece agora en escea, lonxe de potenciar o actual Camiño Norte, o que pode suceder é que varios pobos importantes deste trazado como Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Baamonde, Guitiriz, Friol, Sobrado ou Arzúa sufran importantes perdas a nivel económico se o Camiño se desvía dos seus cascos urbáns. Sabemos que estamos nunha época difícil por mor da crise e que moitos negocios de estas localidades basan o seu sustento nos peregrinos que pasan pola ruta. Que pretenden desde San Caetano? acabar co pouco bo que nos queda? 

Non sería mellor que os cartos que se supón que van gastar no novo trazado (que supoño que conlevará un forte gasto en novas infraestructuras) os destinasen a potenciar o Camiño Norte que ten moito marxe de mellora neste senso???

Espero e agardo que polo ben de tod@s se recapacite nesta auténtica barbarie que a Xunta de Galicia quere facer con esta modificación.

Para quenes estedes interesad@s en firmar en contra de esta iniciativa da Xunta estanse xuntando firmas. Preguntade nos establecementos de Sobrado ou no Concello para firmar en contra de esta medida que suporía unha navallada ó corazón de Sobrado.

Desde este blog témolo moi claro

MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NON!!!

9 comentarios:

Anónimo dixo...

https://www.facebook.com/pages/Defensa-do-actual-trazado-do-Cami%C3%B1o-Norte-ao-seu-paso-por-Baamonde/1419574668255673

http://www.change.org/es/peticiones/a-dona-mar%C3%ADa-carmen-mart%C3%ADnez-%C3%ADnsua-directora-xeral-do-patrimonio-cultural-conseller%C3%ADa-de-cultura-educaci%C3%B3n-e-ordenaci%C3%B3n-universitaria-da-xunta-de-galicia-que-o-cami%C3%B1o-norte-de-santiago-mante%C3%B1a-o-seu-trazado-actual-pola-poboaci%C3%B3n-de-baamonde-lugo

sonia ongil sanchez dixo...

hola victor, que tal??
deberiais hacer una peticion en change.org para que podamos firmar la gente que no estamos habitualmente en el pueblo. Un saludo

Maria Calderón dixo...

Hola.

Estoy con Sonia. Solo conozco Sobrado por fotos, pero me parece otra nueva cagada de los políticos, con intereses económicos, además del bajón que supondría esto para Sobrado en particular y para el resto de pueblos afectados en general.

Una petición en change.org para que podamos apoyaros desde fuera de Galicia.

Un saludo.

Turismo Sobrado dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Víctor Cabanas dixo...

Muy buena idea, me pondré a ello. No dejaremos que nos pisoteen con decisiones interesadas que no tienen ni pies ni cabeza.

MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NON!!!

Anónimo dixo...

Comprendo que afecte ao sector turístico dos diferentes lugares, máis tamén é certo que o camiño norte non pasa polo propio pobo de Arzúa e que moitas das persoas desvíanse incumprindo o trazado orixinal que vai por Boimorto e pola Mota. A xente pode seguir facendo o percorrido como prefira, pero opino que o trazado precisa de ser delimitado correctamente e incluílo nas guías e na web tal e como era antigamente.

Víctor Cabanas dixo...

Precisamente por iso debe pasar polo centro de Sobrado. Porque desde sempre pasou, non sei a que ven agora este "invento"...

Anónimo dixo...

Non falaba polo pobo de Sobrado,un caso no que a modificación non está xustificada pola historia e a tradición. Pero hai zonas que en verdade non son orixinarias do trazado e a oposición baséase unicamente no turismo que perdería o pobo; un motivo comprensible, pero que, penso, non é xustificado se en realidad a única base é o beneficio económico, que por antigüidade, non correspondería.

Víctor Cabanas dixo...

Estás no certo, de moitos é sabido que o Camiño Norte no seu trazado orixinal vai de Sobrado a Boimorto e atravesa a Mota e que cando Portomeñe quixo darlle outro tinte ó Camiño de Santiago desviouse cara a Arzúa. Pero eu ahí xa nin entro nin saio, o que sí que teño claro é que polo meu pobo, Sobrado, non hai nin o máis mínimo motivo para que se desvíe. Chámeselle historia, tradición, servizos, etc, etc, etc.

Clama ó ceo!!!

Un saúdo