martes, 7 de outubro de 2008

Susto en TeleVigo



Leva un par de semaniñas circulando pola rede. Esta presentadora da emisora local de Vigo leva un bo susto. Olladeo!

O "balín prateado" xa é historia

A tecnoloxía avanza e así coma noutros sectores no automóvilístico medra a pasos axigantados.
Ese foi un dos motivos polos que Pazitos (o home das hipotecas) se decidiu a cambiar o seu mítico "Balín Prateado", aquel Seat Ibiza C-0926-BN por un flamante Toyota Auris.
Son míticas as freadas que se pegaba "in extremis" logo de acelerar polo carreterín que da a Vía Sacra para aparcalo 2 segundos despois "pegadiño" a parede de pedra da Casa das Audiencias. Supoño que máis de unha vez o "balín prateado" temeu pola súa integridade física o ver o tabique tan de preto. Agora cambia de domicilio e podera descansar sen terse que preocupar que o seu dono vai a apurar a freada no momento de aparcar para ir os bares.
Sen dúbida que o Ibiza quitouse un peso de enriba...

"No puedo dejar el rock"

Onte un número importante de xente de Sobrado e os seus arredores se concentrou na Praza do Seminario de Lugo para disfrutar de un dos concertos estrela de este San Froilán 2008. Alí estabamos Pedino, Laura, Carlos, César, Sheila, Gelito, Antón, Vigo, Rubén, Noe e eu, unha ampla representación sen dúbida algunha.
Os ourensáns amosaron que seguen a ter moita potencia no son pero non así Yosi (moi afónico e sen estar o "100%" das suas posibilidades). De todos os xeitos o concerto durou algo máis de 2 horas nas que os miles de asistentes que alí nos xuntabamos puidemos disfrutar dos temas clásicos dos Suaves que fixeron un repaso a toda a súa carreira musical. Dende que anunciaron por primeira vez que se ían do esceario aínda sonou "Dolores se llamaba Lola", "Peligrosa María" (unha canción moi especial), "Pardao" (a canción que mellor se lle entendeu a Yosi), "Siempre Igual" ou "Mi casa es el Rock and Roll".
Non sei se existe algún problema co son de esta praza pois o domingo asistimos o concerto de Dover e tampouco soaba como debera, ademáis de esa coincidencia tamén resaltar outras coma que a súa cantante Amparo Llanos estaba moi afónica (era o último concerto nunha xira ininterrumpida de 2 anos) e tampouco estaba o 100% das súas posibilidades. O son chega o publico coma algo confuso, con ruidos de fondo polo medio. Non sei se se debe en si a un problema técnico ou ben a que a acústica de esta praza non é a idónea.

O San Froilán non acaba máis que comezar e xa asistín a dúas maravillosas noites, mellor dito, a de onte ata que Los Suaves estaban rematando o seu concerto, por que nos últimos temas comezou o "txiri miri" a facer acto de aparición cumpríndose así os desexos de Yosi o principio do concerto onde manifestou que lle gustaría que chovese...
* Dato importante a ter en conta: a Comisión Sobrado 2009 en 3/4 partes non se esta a perder "unha" no San Froilán, domingo Dover e onte Los Suaves. Chus, creo que o cartel dos Dolores de este ano vai durar unha semana polo menos. Quen sabe se esta organización non negociou xa cos artistas..., SOBRADO 2009 PROMETE, O TEMPO...

sábado, 4 de outubro de 2008

A Comisión Sobrado 2009 xa traballa a tope


Eiquí os temos, de esquerda a dereita: Antón, Chus, Laura e Gelito, eles son os encargados de facernos disfrutar para o ano que ven nas festas do noso patrón San Pedro e da Virxe dos Dolores.
Constame que están a traballar moito e a perder horas de durmir para intentar facer unhas festazas, que seguro así ha de ser, por que estes rapaces e rapazas o valen!
Animo Comisión, tedes todo o noso apoio, moral e económico, ja ja ja.
NOTA: olleadores de Sobrado 2009 estaban onte en Trasanquelos (Oza dos Ríos) vendo as actuacións de Olympus e Marbella. Será unha de estas duas orquestras algunha das elexidas para Os Dolores 2009? Saberémolo o seu debido tempo.
QUE DEUS REPARTA SORTE

venres, 3 de outubro de 2008

Que vaian dar patadas ós Fiordos...

Si señores, costou, sufrimos, xogamos con un xogador menos 60 minutos de partido máis a prórroga pero aínda así e a pesares do nefasto arbitraxe (para nada caseiro) e de ter por diante a tanda dos penaltis Riazor voltou a ser máxico e o Real Club Deportivo clasificouse para a liguiña de grupos que se sorteará o vindeiro martes 7 de outubro. Equipos grandes de Europa coma AC Milan, Benfica, Ajax, Sampdoria, PSG, Feyenoord, Udinese,o remozado Manchester City, Valencia, Sevilla ou Portsmouth poden pisar este ano o céspede do estadio herculino.
GRAZAS DEPOR POR ESA ENTREGA
GRAZAS BLUES POR ALENTAR SEN DESCANSO CANDO OUTROS XA ESTABAMOS AFÓNICOS
GRAZAS A TODOS OS QUE APOIAN DÍA SI E DÍA TAMÉN O NOSO EQUIPO A PESARES DE QUE ESTAMOS EN EPOCA DE VACAS FLACAS (OS VERDADEIROS AFECCIOADOS DEMOSTRANSE NAS OCASIÓNS CANDO TODO VAI MAL).

Momento da expulsión de Riki, seguro que Lotina deberá falar con él pola "tontería" de onte

Diego "Gigio" Colotto, onte bigoleador, celebrando un dos seus goles, mereciao!

Aranzubía, parando o lanzamento que lle daba a clasificación o Depor, a pesares de ser o heroe nas penas máximas non me ofrece confianza ningunha nos balóns aéreos, agardemos que mellore nesta faceta senón os que somos asiduos a Riazor partido tras partido acabaremos todos taquicárdicos.

FORZA DEPOR

xoves, 2 de outubro de 2008

Galicia Calidade


Seguimos en cabeza, xa hai uns 3 anos que se fixera outro estudo que determinaba que os galegos somos os mellores neste "sector", ademáis na anterior ocasión observáranse todas as comunidades autónomas e provincia por provincia, o resultado foi que a provincia de A Coruña era líder de calidade en España. Agora esta nova experiencia volve a refrendar o anterior. Temos calidade..., eso queda claro!

Fertilidad

Galicia, a la cabeza de España en cuanto a calidad de semen


Un 57,8% de los jóvenes españoles presentan un semen de calidad inferior al que los médicos consideran normal.

EFE
2/10/2008
Hora:
Actualizada a las 13:01 h

Un estudio realizado con más de 1.239 muestras de semen de jóvenes de entre 18 y 30 años recogidas en 60 centros de reproducción asistida de las 17 comunidades autónomas y dirigido por el servicio de Reproducción Asistida del Instituto Marqués deja patende que un 57,8% de los jóvenes españoles presentan un semen de calidad inferior al que los médicos consideran normal, por lo que podrían tardar más de lo habitual en tener hijos o podrían verse obligados a acudir a un centro de fertilidad.
El estudio ha obtenido datos con interés estadístico en 6 comunidades, de las cuales Galicia, Andalucía y Madrid se sitúan a la cabeza en cuanto a calidad de semen frente a la Comunidad Valenciana, Cataluña y País Vasco, donde las muestras presentaban niveles inferiores de concentración de espermatozoides.
En las muestras recogidas en Galicia esta concentración -considerada como el valor más indicativo de la fertilidad- era inferior a los 20 millones de espermatozoides por mililitro de semen en sólo un 8,8% de jóvenes; en Andalucía ese porcentaje se eleva al 13,7% y en Madrid al 14,8%.
Por otro lado, en la Comunidad Valenciana un 22,7% de las muestras tenían concentraciones inferiores a los 20 millones de espermatozoides, cifra similar a la de Cataluña, mientras en el País Vasco el porcentaje es de un 18,7%.
Según explicó la doctora Marisa López Teijón, una de las autoras del análisis, los niveles fueron aún peores en la región de Murcia, «pero los datos no pueden ser tenidos en cuenta porque se recogieron solo 56 muestras», menos de las requeridas para que los datos tengan rigor estadístico, manifestó.
A su juicio, la explicación de estas diferencias reside en la contaminación industrial que expone a las mujeres embarazadas a los disruptores endocrinos, las sustancias químicas que actúan en el organismo como hormonas femeninas y afectan al desarrollo del sistema reproductivo del feto en los primeros meses de embarazo.

Vamos Dépor!

Chegou o día. Hoxe é o día no que todos os Deportivistas sen excepción debemos remar para o mesmo lado. Toca remontada, hai que levantar 2 goles en contra e non encaixar ningún para meterse na liguiña de grupos da Copa da UEFA. Voltan as noites europeas, Riazor ten que ser unha caldeira a presión, hai que animar sen parar e se conseguimos poñernos 3-0 non nos debemos conformar, debemos ir a por máis goles para certificar o pase.
Está difícil, pero non é imposible, no deporte nada é imposible. Se lle dimos remontado un 4-1 o todopoderoso A.C. Milan e un 0-3 en media parte o PSG podemos remontarlle o Brann o 2-0, sabemos que Riazor ten embruxo nas noites europeas e desta volta a maxia do noso estadio estará connosco unha vez máis.

HOXE MÁIS QUE NUNCA

FORZA DEPOR!

mércores, 1 de outubro de 2008

Felicidades Pedino

Hoxe cumple anos un crack! Pedino (Alberto de Minas) está de aniversario, cumpre 33 (a idade de Cristo menos un mes). Como non tiña unha foto del en solitario, poño esta da despedida de Jacobo, agora que xa case estamos no San Froilán e conmemorando case 1 ano dende que foi esta foto (que rápido pasa o tempo e que ben o pasamos aquel día). Aquí o temos porrón en man nunha imaxe digna de celebración grande e como grande é a data de hoxe para él agardemos que o celebre como se merece.

O dito

FELICIDADES ALBERTINI!

O San Froilán 2008 a punto

Conciertos San Froilán 2008

04/10/2008 22:00 Concierto de JULIETA VENEGAS
04/10/2008 22:30 Verbena a cargo de las orquestas ALTO STANDING y VARIEDADES
05/10/2008 12:30 Concierto de la Banda Municipal de Lugo
05/10/2008 19:00 Pasacalles por la plaza Maior de la banda de gaitas Devandoira y concierto
05/10/2008 20:15 Concierto de LUAR NA LUBRE
05/10/2008 22:30 Concierto de DOVER
05/10/2008 22:30 Verbena con las orquestas JERUSALÉN y CINEMA
06/10/2008 12:30 Concierto del cuarteto de trompas Ensemble Bouché
06/10/2008 20:30 Concierto de CONCHITA
06/10/2008 22:30 Concierto de LOS SUAVES
06/10/2008 22:30 Verbena a cargo de la orquestra PANORAMA
07/10/2008 20:15 Concierto de DIEGO EL CIGALA
07/10/2008 22:00 Concierto de THE CABRIOLETS
08/10/2008 18:30 Teatro con Fadunito: Ai, ai, ai!
08/10/2008 20:15 Concierto de PEDRO GUERRA
08/10/2008 22:00 Concierto de VIOLADORES DEL VERSO
09/10/2008 18:00 Fiesta popular para los mayores con la orquesta NOCHE DE GALA
09/10/2008 20:30 Concierto de TIRRI TARRA y la Coral Hospital Xeral-Calde
09/10/2008 21:00 Concierto de los grupos PSICOLEPSIA, KIMURU y HOLYWATER
10/10/2008 18:30 Concierto de los grupos BATITAL y KENTOKAKÍ
10/10/2008 21:00 Concierto de los grupos FACTO DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES, PASTORA, SAFARI ORQUESTRA y DR THINK 10/10/2008 22:00 Verbena a cargo de las orquestas GALILEA y ABANICO
11/10/2008 13:15 Concierto del grupo de música tradicional Na Virada
11/10/2008 18:00 VI FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL
11/10/2008 21:00 Concierto de EL CANTO DEL LOCO en el Pazo de Ferias y Congresos (apertura de puertas a las 19.00 h.) El precio de las entradas es de 28 euros. Pueden adquirirse en la Oficina Municipal de Turismo situada en el Centro de Interpretación de la Muralla y a través de la página web www.servicaixa.com
11/10/2008 21:30 Verbena a cargo de las orquestas PANAMÁ y MONTES
11/10/2008 22:00 Concierto con los grupos THE ELLAS, DEF CON DOS y MIGUEL COSTAS (con la colaboración de GERMÁN COPPINI) 12/10/2008 13:00 Concierto de la Banda Municipal de Lugo
12/10/2008 22:00 Concierto de MELENDI
12/10/2008 22:30 Verbena a cargo de la orquestra SINTONÍA DE VIGO


O sábado 4 de setembro arrinca unha nova edición das festas do San Froilán de Lugo que unha vez máis nos amosan un cartel de actuacións bastante bo para todos os gustos. Durará dende o sábado 4 ate o domingo 12 de outubro e seguro que se o tempo segue así de bo terá unha cantidade moi importante de visitantes.
As casetas do polbo, as barracas, as atraccions de feira, e centos de actividades diferentes que voltarán a facer de Lugo o centro de atención de Galicia o longo dos 8 intensos días que duran as festas.
Pola miña parte penso asistir varios días e se Deus quere non me perderei o concerto que darán Los Suaves o luns 6 a partires das 22:30 horas. Deixovos eiquí un video de "Dolores se llamaba Lola" do ano 1986 (Yosi co pelo aínda sen canas e un pouco máis curto) para ir abrindo boca. Chegan días de intensa festa. Se precisades información máis detallada entrade na páxina oficial www.sanfroilan.info

Saudos

A xente simpática ten máis probabilidades de buscar parella

Os datos cantan (e suponse que non minten). Na enquisa do finado mes de setembro no que se preguntaba que era o que lle dabamos máis importancia a hora de buscar parella o 47% das respostas foron para a simpatía con un total de 23 votos.
Empatados en segundo lugar quedaron algo interior e algo material, é dicir, a intelixencia e os cartos, un 18% para cada unha das propostas, con 9 votos cadansúa.
No derradeiro lugar quedou o físico con un 14% con tan só 7 votos (debo dicir que me sorprendeu pois pensaba que o físico ía levar máis votos).

Grazas a tod@s por participar e xa está eiquí a nova enquisa de outubro