A tecnoloxía avanza e así coma noutros sectores no automóvilístico medra a pasos axigantados.
Ese foi un dos motivos polos que Pazitos (o home das hipotecas) se decidiu a cambiar o seu mítico "Balín Prateado", aquel Seat Ibiza C-0926-BN por un flamante Toyota Auris.
Son míticas as freadas que se pegaba "in extremis" logo de acelerar polo carreterín que da a Vía Sacra para aparcalo 2 segundos despois "pegadiño" a parede de pedra da Casa das Audiencias. Supoño que máis de unha vez o "balín prateado" temeu pola súa integridade física o ver o tabique tan de preto. Agora cambia de domicilio e podera descansar sen terse que preocupar que o seu dono vai a apurar a freada no momento de aparcar para ir os bares.
Sen dúbida que o Ibiza quitouse un peso de enriba...
Ningún comentario:
Publicar un comentario