O Concello de Sobrado, que está composto por 10 parroquias (de Norde a Sur Grixalba, Ciadella, Cumbraos, Roade, Porta, Codesoso, Folgoso, Pousada, Carelle e Nogueira) abarca unha gran cantidade de kilómetros cadrados. A pesares da súa pequena poboación (uns 2200 habitantes nestes momentos, polo tanto o número de habitantes por kilómetro cadrado é moi pequeno) Sobrado abarca unha importante parcela dentro do que é a Galiza interior.
Curiosamente o Concello de Sobrado ten a característica de que non limita so con unha provincia senón con dúas A Coruña e Lugo. Ademáis son varios os concellos de ámbalas provincias que se xuntan ó de Sobrado en algunha das súas parroquias.
Así pois, a parroquia máis ó Norde que é Grixalba (a 2ª de maior poboación logo do Casco Urbán) limita co concello lucense de Guitiriz. Se baixamos uns kilómetros, a parroquia de Roade únese a tamén lucense de Friol e se imos un pouco máis cara o leste a parroquia de Codesoso está pegada o concello coruñés de Toques. Cumbraos únese o concello coruñés de Curtis mentres A Ciadella ademáis de limitar con Curtis tamén o fai co de Vilasantar.
Folgoso limita con Vilasantar pero tamén ó fai co municipio de Boimorto.
Tamén a parroquia de Carelle limita no seu territorio co Concello de Boimorto.
Pola súa banda Pousada une con Toques por un lado e por outro con Melide. Tamén une con dous concellos a parroquia de Nogueira, pero este faino con Melide e tamén con Boimorto.
Resumindo: o concello de Sobrado limita con 2 concellos da provincia de Lugo: Guitiriz e Friol e 5 da provincia de A Coruña: Curtis, Vilasantar, Boimorto, Melide e Toques. Polo tanto Sobrado encontrase no medio de varios municipios con unha poboación superior a súa. Así Curtis ten máis do dobre, Melide multiplica por 4 a poboación sobradense, Guitiriz case triplica a nosa poboación e Friol pasa do doble. O único concello parello ó noso en habitantes sería Boimorto e os únicos que se encadrarían por debaixo de Sobrado serían Vilasantar e Toques.
Todos estes datos as veces non se lle dan a importancia que merecen pero débense ter en conta moitas veces para estudiar diversos factores como a despoboación por decir un exemplo.
3 comentarios:
Interesante post. O resumo a min chegoume no mellor momento, que xa me estaba empezando a facer un lío de concellos na cabeza jejeje.
A explicación veume moi ben porque eu pensaba que Folgoso e Cumbraos non eran de Sobrado. Tiña metido na cabeza que Cumbraos era de Curtis e non había maneira de quitarme de ahí! Pasoume algo parecido a ti con Trasanquelos - Oza dos Ríos jejeje.
Un saudo.
Verás, o Cumbraos do que ti falas é Cumbraos de Mesía (aínda que moita xente lle chama Cumbraos de Curtis erroneamente). O problema da nosa Galiza é que hai moitos lugares ou aldeas que dan lugar a confusión por chamarse do mesmo xeito. Sen ir máis lexos en Abegondo hai outro Folgoso.
Unha aperta
Ah!! Ou sexa, que estaba engañada de todo, porque nin de Sobrado nin de Curtis jeje. Pois non sabía que había dous tan preto un do outro. Porque o Folgoso de Abegondo si o coñezo, pero o outro non me daba aclarado donde era.
Non che me gusta nada eso de que haxa tantos sitios co mesmo nome, líame moito. Igual pasa cos Padernes...
Publicar un comentario