mércores, 22 de outubro de 2008

Stereophonics "Dakota"



Soábame a existencia do grupo Stereophonics e algunha das súas melodías pero realmente non lles prestei moita atención ata que vin parte do concerto que ofreceron no Rock In Rio Madrid 2008. Gustoume o directo e o son tan vibrante que desprendían. Teñen forza e propoñen "algo" (aínda non sei o que realmente)diferente o resto de grupos (se ben é certo que me teñen un aire a Suede e a min Suede encántame). Augúrolles unha longa e exitosa carreira na música (sempre que teñan asentada a cabeza).
Deixovos pois con este tema "Dakota", precioso para o meu gusto e moi potente.

Ningún comentario: