xoves, 2 de outubro de 2008

Vamos Dépor!

Chegou o día. Hoxe é o día no que todos os Deportivistas sen excepción debemos remar para o mesmo lado. Toca remontada, hai que levantar 2 goles en contra e non encaixar ningún para meterse na liguiña de grupos da Copa da UEFA. Voltan as noites europeas, Riazor ten que ser unha caldeira a presión, hai que animar sen parar e se conseguimos poñernos 3-0 non nos debemos conformar, debemos ir a por máis goles para certificar o pase.
Está difícil, pero non é imposible, no deporte nada é imposible. Se lle dimos remontado un 4-1 o todopoderoso A.C. Milan e un 0-3 en media parte o PSG podemos remontarlle o Brann o 2-0, sabemos que Riazor ten embruxo nas noites europeas e desta volta a maxia do noso estadio estará connosco unha vez máis.

HOXE MÁIS QUE NUNCA

FORZA DEPOR!

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Hoxe si que si!!!

Pitus dixo...

Mucha suerte y a por ellos que no tienen ni puta idea de jugar a esto,hombre ya!
Forza Depor!!

Anónimo dixo...

Pois ó final conseguírono!! Cando expulsaron a Riki eu xa o vía todo muy negro, pero ó final souberon remontar. Que mal o pasei cos penaltis!! Os últimos que vira foron os de España - Italia na Eurocopa e paseino francamente mal, e cando onte vexo que teñen que lanzar penaltis... xa non sabía se mirar ou non jeje. Mi má, que estrés!

Un saudo futboleiro!

Unknown dixo...

Sufrimos pero pasamos. Riki debería ser castigado por ineptitude. O colexiado idem de lienzo polo mesmo feito. O Depor levouse as patadas e as tarxetas vaia "arbitraxe UEFA" que non tocou..., miña nai do ceo, o penalti a Lopo clamoroso, e os foras de xogo... en máis de un hai dúbidas. O Brann é un equipo dos de 2ªB española pero dos que loitan pola salvación.

Anónimo dixo...

Cala, que miña avoa non entende de fútbol, pero acabou dos nervios "cos de rojo" polas patadas que lle daban "ós de azul". E todo porque segundo ela "os de amarillo" non traballan ben... jejeje como ves na miña casa vimos un partido do máis entretido:

- Pero o de azul xa volve estar no suelo outra ves?
- Si, que lle pasou?
- Pejoulle unha patada un de rojo!!
- A min dame que estes de amarillo non traballan nada ben, pa que miran?
- [miña avoa opta por non replicar máis, con cara de enfado para os de rojo e os de amarillo...]