Os datos cantan (e suponse que non minten). Na enquisa do finado mes de setembro no que se preguntaba que era o que lle dabamos máis importancia a hora de buscar parella o 47% das respostas foron para a simpatía con un total de 23 votos.
Empatados en segundo lugar quedaron algo interior e algo material, é dicir, a intelixencia e os cartos, un 18% para cada unha das propostas, con 9 votos cadansúa.
No derradeiro lugar quedou o físico con un 14% con tan só 7 votos (debo dicir que me sorprendeu pois pensaba que o físico ía levar máis votos).
Grazas a tod@s por participar e xa está eiquí a nova enquisa de outubro
2 comentarios:
Se che digo que antes que na enquisa xa me fixei no tetris... chamoume a atención ver o xogo ese aquí. Mira que non teño xogado eu a eso eh!! Mi madriña! E aínda é hoxe o día que se pillo a Game boy (a min non me pillou sendo nena a era da PSP nin cousas así) aínda lle volvo votar unhas partidiñas de vez en cando.
En cnato á enquisa, costoume decidirme unha vez máis, pero esta vez menos que as anteriores. Tampouco é cousa fácil decir se eres un pouco celoso ou moito. Eu pa acabar antes teño asumido que son celosa a secas jejeje. Os celos non serán sanos se te pasas de celos@, pero eu creo que algo celosos somos todos. Ou polo menos nalgunha situación determinada poñémosnos.
Ale, despois de toda a parrafada xa paro, que eu cada vez que hai enquisa nova deixo un testamento coa miña opinión, non sei como me apaño pero... jeje
un saudo!
O Tetris é un xogo que vicia e considerei moi oportuno poñelo eiquí así polo menos temos un pouco de ocio no blog tamén, ja ja ja. Eu tamén fun da xeración Game Boy pero cambiei e fixeronme cambiar para PS2 e Wii (sempre fun un amante dos videoxogos).
As enquisas poñoas para facer dudar (estas feitas a propósito) ja ja. Para que se creen un conflicto de intereses na cabeciña de cada un (a miña incluida).
Así da gusto que comentes as tuas anchas muller que para eso están estos espazos.
Saudos e grazas por comentar.
Publicar un comentario