mércores, 22 de outubro de 2008

Becks volve ó lugar que lle corresponde

Adriano Galliani, un dos pesos pesados do A.C. Milan acaba de anunciar que David Beckham xogará cedido no clube lombardo dende xaneiro ata xuño de 2009.
Esto, para os amantes do bo fútbol é unha gran nova. Separando o "glamour" que desprende o matrimonio Beckham do fútbol que fai David significa que volveremos a disfrutar en Europa con un dos grandes xogadores que dou o vello continente nos derradeiros anos.
David Beckham é un xogador que seguro que lle vai a aportar moito o A.C. Milan pois ademáis de ter un toque de balón excelente (a proba está a cantidade de goles a balón parado e asistencias que ten dado) tamén posue un sentido táctico moi bo e unha involucración coa camiseta que viste moi grande. Se por riba se lle engade que terá coma compañeiros de vestiario a cracks mundiais coma Ronaldinho, Kaká, Shevchenko, Seedorf ou Pirlo seguro que a motivación de David será extra e non defraudará a quen o volven a traer o fútbol europeo.
Supoño que a máis perxudicada con esta decisión será Victoria Adams pois de tod@s é coñecido a súa pasión polos Estados Unidos e por Hollywood concretamente, pero penso que desta vez non lle queda outra que dar o brazo a torcer.
Alégrome por Beckham pois dende os seus comezos no Manchester United sempre me pareceu un pedazo de futbolista. O glamour e o fútbol volven a cruzar o charco.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

A ver se desta vez acougan nun sitio estes dous! Iso se a Vicky Beckham non lle da por cicir que lle cheira a allo... en fin, estes ricachóns...

Un saudiño!

Anónimo dixo...

*cicir non, quixen poñer dicir ...
un lapsus.

Unknown dixo...

Vero: difícil que Victoria asente o cu nun lugar en concreto (penso que é debido as operacións que fixo...), je je je.

Anónimo dixo...

Xa che digo, porque esa muller debeu operar até o espíritu!! Cando sexa vella veremos que aspecto lle queda, vai meter un medo...

Vero86 (pásame como a nishita, non sei que di esto da url que ten caracteres non permitidos, pero eu nese campo non puxen nada!!)