xoves, 16 de outubro de 2008

Los desgraciaus "Coches Chocones"



Dende moi pequiniño a atracción máis importante para min das festas eran os coches de choque. Cantas horas deixo pasado enriba dos coches de Morla, de Gómez, de Pazos... e cantos cartiños me teñen dado para gastalos alí..., je je je.

Pois ben, xa hai algún tempo que oin esta canción pero hoxe non me resistín a posteala. A canción é de Los Desgracius e o seu título "Coches Chocones". Unha canción friki-parodia onde o son da bocina é inigualable!! Escoitade.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que recordos!! Cantas veces non terei montado eu nos coches de choque!! E, coma ti, cantos cartos non levarei gastados neso jeje. Pero que ben o pasaba!! Tardábame chegar aos 18 anos para poder sacar o carné de conducir e pilotar un coche de verdade, e entre mentres os 18 non chegaban, contentábame con pilotar os coches de choque. Eu penso que era das poucas persoas que máis que chocar a propósito cos outros, esquivávaos para coller máis velocidade e correr máis jajajaja. Só chocaba cando non quedaba máis remedio e se armaba algún varullo de coches nunha esquina da pista.

O son da bocina na canción inigualable!

Saudos

Unknown dixo...

E que a canción é moi friki de noso señor!!!!