venres, 31 de outubro de 2008

Halloween non me di nada

Haberá xente que hoxe celebre a noite de "Halloween" ou o que é o mesmo..., a "véspera de Todos os Santos" que dirían Los Suaves.
Para min, a noite de hoxe non é nada significativa, se tal o único significativo é que maña é un día no que se recorda de xeito moi especial os seres queridos que nos deixaron e xa non están connosco (físicamente claro está).
Halloween é un invento ianqui e debo confesar que para nada me sinto identificado nin coa cultura nin coa forma de pensar de ese país polo que dende a miña forma de ver a noite de Halloween non deixa de ser unha excusa máis para montar unha festa un chisquiño diferente.
As súas formas parecenme macabras, os cabazos que identifican a noite da véspera de Todos os Santos dise que son debidos a que nos Estados Unidos de América as bruxas nesta noite alumeaban as calaveiras dos mortos con velas na zona dos ollos e a nariz para invocar os seus espíritos. Coa chegada masiva dos Irlandeses pagáns o país ianqui está práctica foi abolida polo que as bruxas sustituiron os calaveiras humanas por cabazos aburatados para a ocasión.
A noite de Halloween traspasou fronteiras e adentrouse en Europa, nos últimos anos vemos como en Galiza se celebra máis a cotío en diversos locais hostaleiros esta noite tamén chamada "O Samaín), na miña casa non se celebra e agardo que xamáis se celebre esta festa o meu entender ridícula a todas luces.

Saudos e os que celebrades esta noite que disfrutedes da velada sen sobresaltos.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A min tamén me parece unha festividade importada e por iso non me identificaba moito con ela. Como excusa para facer festa pode pasar. O Samaín disque se celebraba aquí desde fai moito por ser de orixe celta... non sei. O caso é que tanto o Samaín coma o Halloween veñen sendo o mesmo...

En fin, os mortos é moito mellor deixalos descansar e non andar invocando nada jeje.

Bo finde!!

Vero86

Raquel dixo...

Hola!

A mí esto de Halloween........(o como se escriba), qué te voy a contar! es como Sta. Claus......quien es ese? Hace unos pocos años, algún bar, ponía una calabaza. Ahora, parece que es una fiesta patronal! dios! A mí no me mola nada tampoco, ya hay fiestas de las buenas y de las nuestras! esto es de importación...Feliz finde a todos/as! Un beso.

Anónimo dixo...

coma sempre chego tarde e arrastras.....
Bueno, halloween e a versión americanizada do samaín celta.
Sinto decirche lato, que nos tamén procedemos dos celtas (queiras que non)e a putada foi o cristianismo q nos jodeu todo....
Samaín (palabra q sempre q a pronuncio soname a san maín, me cajo no clero!!) era una festa para os cristians "pagana" coma a celebración do solticio de veran...asi que os cristians dixeron "jesusito de mi vida perdonalos q no saben lo que hacen" e convertiron as nosas festas "paganas" en cristianas....asi o samaín perdeuse para poder celebrar o dia "de difuntos" e o "de todos los santos" que kedaba mais mono....
tamén foi asi (ou algo parecido q eu de historia non entendo moito) como a celebracion do solsticio de verán se converteu en "san xoan"
Asi que, kerias q non o orixe de halloween era acertado...o q non e o meu parecer acertado e que esa tradicion "adaptada os iankis" se veña de volta pa aki.....
Por min q non se celebre nada q os mortos tan ben onde estan....(se fora o contrario habian volver)e ainda asi kero deixar a miña protesta....ME CAJO NO CLERO!!!!

NISHITA