venres, 31 de outubro de 2008

Halloween non me di nada

Haberá xente que hoxe celebre a noite de "Halloween" ou o que é o mesmo..., a "véspera de Todos os Santos" que dirían Los Suaves.
Para min, a noite de hoxe non é nada significativa, se tal o único significativo é que maña é un día no que se recorda de xeito moi especial os seres queridos que nos deixaron e xa non están connosco (físicamente claro está).
Halloween é un invento ianqui e debo confesar que para nada me sinto identificado nin coa cultura nin coa forma de pensar de ese país polo que dende a miña forma de ver a noite de Halloween non deixa de ser unha excusa máis para montar unha festa un chisquiño diferente.
As súas formas parecenme macabras, os cabazos que identifican a noite da véspera de Todos os Santos dise que son debidos a que nos Estados Unidos de América as bruxas nesta noite alumeaban as calaveiras dos mortos con velas na zona dos ollos e a nariz para invocar os seus espíritos. Coa chegada masiva dos Irlandeses pagáns o país ianqui está práctica foi abolida polo que as bruxas sustituiron os calaveiras humanas por cabazos aburatados para a ocasión.
A noite de Halloween traspasou fronteiras e adentrouse en Europa, nos últimos anos vemos como en Galiza se celebra máis a cotío en diversos locais hostaleiros esta noite tamén chamada "O Samaín), na miña casa non se celebra e agardo que xamáis se celebre esta festa o meu entender ridícula a todas luces.

Saudos e os que celebrades esta noite que disfrutedes da velada sen sobresaltos.

xoves, 30 de outubro de 2008

O Pemán virtual

Chámase Sam e é un home do tempo. Pero un home do tempo moi especial pois é un meteorólogo virtual. Entrando na páxina www.meteosam.com podes saber a climatoloxía de calqueira cidade europea. Eu acabo de descubrilo e gustoume un montón. Ademáis creo que este non se engana..., se meu avós levantaran a cabeza....

mércores, 29 de outubro de 2008

Os grandes almacens..


Entre a lei da oferta e a demanda existe algo intanxible do que as veces non nos decatamos pero que pode levar a máis de unha confusión os futuros consumidores sen que os vendedores sexan conscientes dos seus propios erros. Ese algo intanxible é nin máis nin menos que "a presa". Recibín no día de hoxe varios correos de José Luis Rodríguez, non, non se trata de "El Puma", senón do gran José Luis de As Cruces e chamoume especial atención un deles no que ademáis de amosar varias sinais de tráfico canto menos curiosas aparecían estos dous carteis: o primeiro de El Corte Inglés e o segundo de H&M e no que ó velos un imaxina que moitas veces os productos ofertados son metidos con "calzador" e improvisando no último momento o que fai que exista presa por editar os carteis ilustrativos da oferta. Esta presa fai que os propios autores do "letreiro" non se fixen no que escriben e logo pasa o que pasa...

A Madrid






Si amig@s, así é. Imos a Madrid o 2 de abril a ver os míticos e incribles ACDC. Grazas ó traballo de Dani (horas e horas ocupando caixeiros na Coruña) conseguiu o que moitos ansian: 5 entradas para o concerto que os australianos ofrecerán no renovado Pazo dos Deportes madrileño. Foron 8 longos anos sen vir a España e esto agardábase coma auga de maio: ACDC volve a estar de xira estreando o seu novo disco Black Ice.
Deixovos un video de unha das súas máis incribles cancións: Thunderstruck, grabado en Donnington Park no ano 1991. Ollade que forza ten...

Xa me tarda.

P.D.: como non vendemos bolígrafo Bic verde, vermello, azul, negro ou da cor que vos queirades e regalamos 2 entradas para o concerto de ACDC en Barcelona. Máis información no meu correo electrónico: victor_lato@hotmail.com

luns, 27 de outubro de 2008

Chegou o día



Hoxe 27 de outubro é o día. Logo de uns meses varios representantes de empresas e das administración públicas relacionadas co sector turístico estivemos asistindo a cursos do Modelo de Aproximación e Calidade Turística (MACT) promovido por Terras de Ulla e Tambre. Logo de acabar estes cursos tivemos diversas inspeccións e controis no noso posto de traballo co fin de cumplir todos os requisitos necesarios para ter o distintivo de Compromiso de Calidade Turística. O organismo que represento: a Oficina de Información Turística de Sobrado pasou con exito os requerimentos e mañá recollerei o diploma acreditativo a partires das 18:30 no Mosteiro de Sobrado. A este evento asistirán os diversos representantes da zona Ulla e Tambre ou o que é o mesmo: Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar.
Os que imos recoller os diplomas estamos citados as 17:45 horas para ensaiar o acto de entrega. En dita entrega estarán presentes o vicepresidente da Deputación de A Coruña Pablo Villamar e o subdirector xeral de ordenación do Turismo Xavier Valiño entre outros. Seremos 60 as empresas que recibiremos a distinción.
Ampliovos eiquí a nova de El Correo Gallego de onte domingo:
Entrega de diplomas a empresas de Ulla-Tambre
26.10.2008
C.G. • SANTIAGO

El monasterio de Sobrado dos Monxes albergará mañana, a partir de las 18.30 horas, el acto de entrega de diplomas del programa de profesionalización Modelo de aproximación á calidade turística (MACT), promovido por el Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros a las empresas y entidades de las tierras de Ulla y Tambre que superaron con éxito dicho programa. El plan está financiado por la Xunta y la Diputación de A Coruña y pretende llevar a cabo una serie de actuaciones en los concellos de Terras de Ulla e Tambre: Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra y Vilasantar.
Los diplomas serán entregados por el vicepresidente de la Diputación, Pablo Villamar, y por el subdirector xeral de Ordenación do Turismo, Xavier Valiño. Las distinciones serán recogidas por sesenta empresas.

venres, 24 de outubro de 2008

Magosto en Sobrado


O primeiro evento da Comisión de festas Sobrado 2009 xa ten data, será o VENRES 7 DE NOVEMBRO como así anunciaron no blog oficial.
Cando saiba máis datos coma lugar, hora e actividades anunciareino neste blog. Pero seguro que as castañas, a música e a festa non vai a faltar.
A miña dúbida é a quen lle tocará ir apañar este apreciado (e este ano escaso) producto..., se me permitides unha suxerencia Pazitos (o cuñado de Chus) está de vacacións e como non ten moito que facer podiadelo mandar estos días a "apañalas" así votaba un "cable" e xa que non as vai poder comer polo menos axudar a recollelas...

Saudos e que viva a Comisión!

xoves, 23 de outubro de 2008

Xabarín Club

O cazador da pandilla, o noso compañeiro José Antonio "alías" Abad foi partícipe dunha colosal batida o xabarín que se saldou coa captura de 6 reses. Un número pouco habitual. Abad pertence a cuadrilla San Cristobo-Paradela e na foto vese exultante no medio do grupo e na última fila de camiseta branca.
O xornal "La Voz de Galicia" mediante o seu redactor Fran Espiñeira faise hoxe eco desta nova que de seguido inserto. O periodista califica a cuadrilla coma "Os Obélix do século XXI", telita...

FELICIDADES POLA CAPTURA ABAD:

cacería de jabalíes

Los Obélix del siglo XXI

Una cuadrilla de la localidad de Teixeiro abate seis jabalíes en un solo día en una cacería autorizada por la Xunta

Autor: Francisco Espiñeira

Fecha de publicación: 23/10/2008

Obélix, si hubiera sido un personaje real, se habría puesto las botas el pasado fin de semana en Teixeiro, en el municipio coruñés de Curtis, dando rienda suelta a una de sus grandes aficiones, la caza. Casi trescientos kilos de carne de jabalí es el fruto de la batida más exitosa contra los porcos bravos en el área de influencia coruñesa. Hasta seis ejemplares de distinto tamaño fueron abatidos en una sola tarde por los miembros de la cuadrilla de San Cristobo-Paradela, en la localidad de Teixeiro (Curtis), durante una cacería autorizada por la Consellería de Medio Rural de la Xunta.
«La verdad es que nosotros fuimos los primeros sorprendidos con el resultado de la jornada. Solemos salir bastante al jabalí, pero lo normal es cazar una pieza al día. Como mucho, dos o tres», cuenta Fernando López Martínez, uno de los miembros de la cuadrilla que participó en la exitosa batida por el monte cercano a Teixeiro.
«Algunos compañeros recibieron el aviso de que los animales habían arrasado un campo de maíz. Empezaron a seguir las huellas y consiguieron localizarlos al filo del mediodía. Entonces, nos avisaron al resto de los miembros de la cuadrilla y empezamos a cerrar el círculo sobre los animales», cuenta Fernando López.
El día se hizo largo. Fueron decenas los kilómetros recorridos a pie, sorteando alambradas, montones de zarzas y diversas clases de obstáculos naturales. Al filo de las cinco de la tarde, los animales, una hembra y cinco machos, fueron localizados en un pastizal, descansando tranquilamente tras el banquete de maíz.
Al percibir el olor de los humanos, los jabalíes se refugiaron en un zarzal en las inmediaciones de la prisión provincial de A Coruña, en el límite de las provincias de A Coruña y Lugo.
Los cazadores se apostaron alrededor del lugar y los perros comenzaron a hacer su trabajo entre los gritos de sus adiestradores. A los poco minutos, los animales empezaron a salir. «Nos sorprendió que salieran de uno en uno, porque, si hubiera habido una estampida, seguramente se nos hubiera escapado alguno», cuenta López Martínez.
El resultado de la cacería puede verse en la foto superior. «La hembra pesaba más de setenta kilos, mientras que los machos oscilaban entre los cuarenta y los cincuenta», relata.
El destino provisional de los animales ha sido un congelador. «Se ha enviado una muestra de la carne a los laboratorios de la Consellería de Sanidade para que la analicen y nos digan si está en perfectas condiciones para ser consumida», indica Fernando López Martínez.
Si los resultados de los análisis de la Consellería son positivos, el destino de los animales será la mesa de un conocido restaurante de la zona, Sabino, o de algún otro próximo. «Haremos una enchenta de época para toda la cuadrilla, de esas que no se perdería Obélix por nada del mundo», resume López Martínez.



mércores, 22 de outubro de 2008

Becks volve ó lugar que lle corresponde

Adriano Galliani, un dos pesos pesados do A.C. Milan acaba de anunciar que David Beckham xogará cedido no clube lombardo dende xaneiro ata xuño de 2009.
Esto, para os amantes do bo fútbol é unha gran nova. Separando o "glamour" que desprende o matrimonio Beckham do fútbol que fai David significa que volveremos a disfrutar en Europa con un dos grandes xogadores que dou o vello continente nos derradeiros anos.
David Beckham é un xogador que seguro que lle vai a aportar moito o A.C. Milan pois ademáis de ter un toque de balón excelente (a proba está a cantidade de goles a balón parado e asistencias que ten dado) tamén posue un sentido táctico moi bo e unha involucración coa camiseta que viste moi grande. Se por riba se lle engade que terá coma compañeiros de vestiario a cracks mundiais coma Ronaldinho, Kaká, Shevchenko, Seedorf ou Pirlo seguro que a motivación de David será extra e non defraudará a quen o volven a traer o fútbol europeo.
Supoño que a máis perxudicada con esta decisión será Victoria Adams pois de tod@s é coñecido a súa pasión polos Estados Unidos e por Hollywood concretamente, pero penso que desta vez non lle queda outra que dar o brazo a torcer.
Alégrome por Beckham pois dende os seus comezos no Manchester United sempre me pareceu un pedazo de futbolista. O glamour e o fútbol volven a cruzar o charco.

Stereophonics "Dakota"



Soábame a existencia do grupo Stereophonics e algunha das súas melodías pero realmente non lles prestei moita atención ata que vin parte do concerto que ofreceron no Rock In Rio Madrid 2008. Gustoume o directo e o son tan vibrante que desprendían. Teñen forza e propoñen "algo" (aínda non sei o que realmente)diferente o resto de grupos (se ben é certo que me teñen un aire a Suede e a min Suede encántame). Augúrolles unha longa e exitosa carreira na música (sempre que teñan asentada a cabeza).
Deixovos pois con este tema "Dakota", precioso para o meu gusto e moi potente.

10.000 visitas!!!

Hoxe, que precisamente se cumplen 3 meses dende que puxen o contador de visitas (o blog comezou a funcionar en xuño do ano pasado) alcanzamos as 10.000 visitas. Unha cifra maravillosa. Teño que agradecervos a todos e a todas os que me vides visitar a este recuncho da rede a menudo o voso compromiso con este o voso blog pois sei que aínda que hai xente que non escribe (ogalla vos vaiades animando tod@s pouco a pouco) segue todas estas "hazañas" día a día. O cal vos estou profundamente agradecido por compartires un pouco do voso tempo comigo.
Ogalla sigamos todos xuntos cumprindo moitas máis visitas.

GRAZAS A TOD@S