xoves, 30 de decembro de 2010

Como antesala á Fin de Ano temos...

Encóntraste forte para encarar Fin de Ano? tes desde "xa" gañas de festa? quéres sair a divertirte hoxe 30 de decembro para ir quentando motores para mañá? desde latosobrado.blogspot.com propoñémosvos un par de opcións para a noite de hoxe para aqueles que xa sintan as burbullas no seu estómago que lles indican que o Fin de Ano xa comezou:

Opción 1: desde xa hai uns anos, o día 30 de decembro hai visita obligada á discoteca Palladium Melide, alí Javi e Miguel encárganse de que Fin de Ano dure o maior número de horas posible traendo sempre a dúas das mellores orquestras do momento. Desta volta as orquestras elexidas son Paris de Noia e Olympus. Esta actividade soe encher a sala ata os topes e estou seguro que de novo hoxe vai estar a reventar e será un exitazo.
Opción 2: a recén inaugurada discoteca Kull de Pontecarreira (Frades) por primeira vez abrirá as súas portas o día 30 para darlle cabida a esas cabeciñas inquedas que teñen gañas de festa. A verdade é que o menú que ofrecen é moi apetitoso: Panorama e Marbella... case nada.

As 4 mellores orquestras do momento fronte a fronte en dúas salas non moi alexadas en kilometraxe..., haberá alguén que se atreva ir hoxe os dous sitios?

mércores, 29 de decembro de 2010

O 2010 vai chegando o seu fin



Pouco máis de 2 días quedan para que remate este 2010 que musicalmente falando trouxo un triunfador por riba de moitos outros. Non pode ser outro que o "deejay" francés David Guetta que co seu disco "One Love" consagrouse como un dos artistas máis importantes a nivel internacional. O traballo en cuestión ten auténticos temazos, vou deixar colgado o Sexy Chick no que Akon tamén ten parte importante. Unha canción que xerou moita controversia ó acusar algunhas asociacións feministas o bo de David de machista por este tema.
Non me vou meter neses berenxenais, tan so direi que a canción é espectacular e o videoclip a min particularmente gústame.

Saúdos

A discoteca de Sobrado non será reinaugurada

Como moitos ben sabedes onte foi o Día dos Santos Inocentes e a broma que quixemos gastar desde este blog foi que a discoteca de Sobrado volvería a abrir as súas portas. Tan so foi o sono de un día, ou quen sabe...

Grazas pola vosa simpatía

Saúdos

martes, 28 de decembro de 2010

Logo de anos pechada, a discoteca de Sobrado abrirá de novo as súas portas

Así o puidemos saber na mañá de hoxe. Un coñecido empresario relacionado coa marcha nocturna que xa ten negocios de este estilo invertirá na antiga Supernova coa conseguinte reforma e cambio de nome. Parece ser que a idea principal será a súa apertura para as noites dos venres desde os meses de outubro a maio co agallo da tempada baixa e que é nesta época cando menos festas patronais existen polo que seguro que as mellores orquestras do panorama musical galego pasarán polo esceario da sala. Unha sala que foi inaugurada aló polo ano 1984 baixo o nome de Orbita 4 para logo pasarse a chamar Vértice. Unha das súas mellores épocas chegou cando baixo a denominación de Supernova fixo que moitos dos artistas nacionais máis importantes de principios dos 90 (Amistades Peligrosas, Los Manolos, Azúcar Moreno, Los Sobraos, Los Chunguitos ou Chiquito de la Calzada) actuasen na sala que ten unha capacidade de unhas 2.000 persoas. Supernova pechou as súas portas definitivamente no ano 1995.
Con esta vindeira apertura da discoteca, Sobrado únese a moda de outros pobos cercanos onde está a funcionar o de "reinaugurar" antigas salas que estaba paradas para darlle vida ó pobo na noite dos venres como por exemplo está a pasar en Pontecarreira coa discoteca Kull.

En canto haxa novas ó respecto seguiremos informando...

A Porra: xornada 9

Volve á Porra que será a primeira do ano 2011 pero con un inciso; debido ó litixio que manten a AFE coa Liga de Fútbol Profesional corre perigo a xornada de Liga pois ata podría non disputarse o entender a Asociación de Futbolistas Españois que o domingo 2 de xaneiro é día de vacacións. O que sí está claro é que o derbi Cire Melide - Atl. Sobrado sí que se disputara agás causa de forza maior. Se non se disputasen o resto de encontros da Liga BBVA sumaríanse na data en que se xogasen.

Estes son os encontros:

Athletic - Deportivo * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - Levante
Getafe - R. Madrid
Cire Melide - Atl. Sobrado

Animádevos a participar!!!

xoves, 23 de decembro de 2010

Boas festas xente!

Quero expresar os meus mellores desexos para todos vos nestas festas e no ano que axiña comeza. Ogallá todos os bos propósitos se fagan realidade e por suposto que o 2011 veña cargado de saude, ilusións e sonos cumpridos.
Hoxe comeza a previa do Nadal pois hai xente que mañá non se ten que incorporar o seu posto de traballo. En Sobrado o día de noiteboa moitos de vos xa sabedes como "funciona", desde a hora do café varios "personaxes" baixamos para o bar a xogar as cartas e tomar café con algunha saborosa brevaxe galega. Para a continuación comezar a ronda por todos os bares do pobo (nalgúns incluso se repite volta), conforme van pasando as horas vaise incorporando máis xente ó rebaño provocando discuscusións do típo: "aghora pagho eu, non pagho eu que aínda non paghei nada" xa tradicionais. Total o resumo dos desperfectos da primeira etapa do día sáldase con unha alegría incontida polos integrantes, os bares cheos ata as 21.30-22.00 horas e chegada a cea tarde, mal e arrastro.
A segunda etapa do día comeza trala cea, é moi tradicional en Sobrado baixar o pobo despois de cear, varios locais abren as suas portas para dar renda solta a celebración de un día tan especial. Algúns prefiren quedar na casa, outros polo contrario optamos por baixar e compartir en amor e compañía dos nosos amigos unhos brindis polo Nadal, pola camarera ou camarero, porque o Deportivo lle gañou a copa do Centenariazo o Madrid, pola caida de Pazitos no 2002 na cea do Atlético Sobrado ou por que eu estou a fumar un puro... (calqueira excusa é valida).
Finalmente e cando o corpo xa non pode máis, toca subir a repousar e cargar pilas para o día seguinte.

O dito, que pasedes unhas felices festas e que para min é un orgullo que veñades a visitarme habitualmente a este ciberespazo.

Un auténtico pracer.

Bicos e apertas.

mércores, 22 de decembro de 2010

Non puido ser... agardamos a Reis


A sorte foi esquiva co 38036 que xogabamos no Club Atlético Sobrado Xuventude e non obtivo, nin premio gordo, nin premio fraco, nada de nada. Decir que en Galicia vendeuse unha serie do segundo premio en Santiago de Compostela, concretamente na Administración de Porta Faxeira (cantas veces merquei alí lotería), moito máis preto de nós, en Arzúa, tocou un quinto premio (esta administración hai duas semanas dou un premio de bonoloto de máis de 100.000€), ademáis outras localidades coma Ribadumia (Pontevedra), A Coruña, Vigo ou Lugo tamén foron agraciadas con premios menores.
Non vou caer no tópico de decir que "Hoxe é o día da saude" (que por suposto é o principal), o que si anuncio é que para o sorteo de Reis, volvemos a carga!!! o Club Atlético Sobrado Xuventude, no seu empeño de facervos a todos ricos, poñerá no día de hoxe ou todo máis tardar mañá un novo número en xogo para ver se pillamos un "piquiño" xa que desta volta non puido ser.

Ogallá alguén dos que me estades a ler supere os meus 60 euros de ganancia no sorteo desta mañá... - moi difícil non é-.

Saudos

martes, 21 de decembro de 2010

Kylie, a fera indomable



Kylie Minogue é unha das deusas da música pop internacional. Seguen pasando os anos e as veces a vida tamén che pon atrancos no camiño, pero a rubia australiana parece ter o don da eterna xuventude. Ademáis cada novo traballo que quita a venta sorpréndenos coa vitalidade da súa obra. Hoxe déixovos "Get outta my way" (Sae do meu camiño), o segundo hit tras "All the lovers" do seu novo disco "Aphrodite".

Saudos

Sobrado xa agarda ó Gordo de Nadal

O peixe xa está vendido, Sobrado agarda con esperanza o Sorteo da Lotería de Nadal que se celebrará mañá en Madrid. Para este ano o pobo confía nun número, concretamente no 38036 o número do Club Atlético Sobrado Xuventude que debido a que este ano non hai Comisión de Festas e polo tanto tampouco houbo número de lotería da citada organización incrementou as súas ventas ata irse as 29,2 series vendidas, 292 décimos que de tocar faran feliz a toda unha pequena zona do corazón de Galicia e achegados.
Nin que decir ten que o champán xa está a bo recaudo por se acaso a sorte nos quere vir a visitar e nos outorga uns euriños..., coñezo eu a varios que coa de décimos que teñen deste número non volven a pegar pao a auga no que lles resta de vida...,
Mañá saberemos o desenlace...

Sorte!

luns, 20 de decembro de 2010

A Porra: o líder mete a directa, Esteban séguelle a estela

O líder da porra, Finito, de novo andivo acertado esta xornada. Desta volta foi o Deportivo - Sporting o que lle sumou 3 importantes puntos. Non lle andivo a zaga Esteban, que atinou o mesmo encontro e situándose así na segunda posición en solitario, agora é Alberto o que ocupa o 3º posto. O novo participante que comezou esta semana, Gadel, non puido conseguir ningún acerto, ogallá se anime e participe todas as xornadas para darlle máis "vidilla" á Porra.

Os RESULTADOS foron os seguintes:

Espanyol 1 - Barcelona 5
R. Madrid 1 - Sevilla 0
Deportivo 1 - Sporting 1
Atl. Sobrado 2 - Boimorto 3

Polo tanto a CLASIFICACIÓN queda do seguinte xeito:

1. FINITO 12 puntos
2. ESTEBAN 9 puntos
3. ALBERTO 6 puntos
4. PITUS 5 puntos
5. EMILIO, LATO 3 puntos
6. FERREIRO9, GADEL 0 puntos

* Recordarvos a tod@s que con motivo do parón de nadal non haberá competición ligueira ata o fin de semana do 2 e 3 de xaneiro do 2011 polo tanto ata o vindeiro luns 27 (feira de Sobrado para máis señas) non poñerei a seguinte xornada.

Saudos