Bos días. Logo dun veloz fin de semana no que ocurriron infinidade de cousas xa voltamos andar pola nosa querida patria. Debo dicir que volvín ver a Cidade de Salamanca tan bonita coma sempre, receptiva a tope coa xente de fora, con un marchón impresionante, vaia duas noites de festa que nos pegamos..., je je je, lástima que o sábado tiveron que aprazar o concerto de Macaco debido a choiva, pero bueno tampouco foi tan tráxico pois o tempo que íamos pasar no concerto invertímolo en diversos locais cunha decoración exquisita (coma a maioría dos da cidade charra). O primeiro día chegamos a cama as 9:30 h da mañá e o segundo as 8:45 h con un taxista super-simpático que a única frase que dixo en todo o camiño foi: "son 4,60 por favor" non lle deixamos nin un céntimo de propina!. A volta xa vos imaxinades: un tiramillas de kilometros: Tordesillas, Alija del Infantado, Mota del Marqués, Benavente, Astorga, Bembibre, Ponferrada (unha clara mostra da Castela profunda, rectas, rectas e máis rectas) e por fin, o verde con Galiza o fondo: Pedrafita do Cebreiro, voltamos a otear o fogar de Breogán, escoitando as últimas novedades futbolísticas: descenso do Celta, o Athletic salvado, o Depor B con medio pé na segunda B, o Deportivo marcando 3 goles, si, si, ledes ben, 3 goles, xa facía aniños...
E por fin chegamos o paraíso "Sobrado dos Monxes" rezaba o cartel, chegamos as 20:30 h e como é tónica habitual directos para a Cafetería Ramiro ver o final de liga que gañou o R. Madrid para contento de uns e desgraza de outros, está claro que ten que haber para todos os gustos.
Así fue y así se lo hemos contado!
2 comentarios:
Bufff Jimy!!!Creo que fixeches unha crónica excelente do fin de semana en Salamanca, pero como membro da expedición creo convinte recomendar a todos/as que cando visiten dita cidade non duden en tomar un cacharro no pub ese do Torero; por certo como se chamaba realmente?Un abrazo figura.
P.D.: Escoitei rumores de que había festa para San Xoan;pobre Luna!!!!!!!!!!
Bufff! q pasa Jimmy! Obrigado polo da crónica. O pub en sí chámase "El Torero", foi a primeira vez que entrei nel pero a partires de agora cada vez que haxa expedición a Salamanca ten que ser un dos locais os que non podemos faltar,que marchón!!!! je je je, impresiontante. Creo que se chegamos a estar 30 minutos máis bailando en aquel local fannos unhas figuras de cera clavadiñas a nos para ter sábado si e sábado tamén enriba da tarima, je je je.
P.D: non te preocupes pola Luna porque onte estives no lugar onde vai a ser a lumeirada e alí estaba ela controlando que todo estivera en orden, eso si, baixo a supervisiónde "Xan".
Publicar un comentario