
A composición da froita defire en gran medida na función do tipo de froito e do seu grado de maduración. A auga é o compoñente maioritario en todos os casos.
Constitue en xeral, máis do 80% do peso da porción comestible, oscilando entre un 82% nas uvas, un 90% nas fresas e ata un 93% na sandía.
Valor enerxético
As calorías da froita dependen case exclusivamente do seu contido de hidratos de carbono, a excepción do caso do aguacate e o coco, froitas nas que o contido graso determina o seu valor enerxético.
Hidratos de carbono: os azúcares ou hidratos de carbono simples (fructosa,glucosa,sacarosa...) confiren o sabor doce as froitas maduras e supoñen un 5-18% do peso da porción comestible. As mazás e as peras son ricas en fructosa. Nas froitas que se encontran tamén outros mono e desacáridos como a xilosa, a arabinosa, a manosa e a maltosa. As cereixas e as peras conteñen cantidades relativamente altas de sorbitol, unha sustancia emparentada cos azúcares, que posee un coñecido efecto laxante. En menor presentan hidratos de carboo complexos (almidón). As froitas non maduras teñen entre un 0,5-2% de almidón, pero conforme vai madurando esa porcentaxe disminue ata case desaparecer, agás nos plátanos maduros, nos que o almidón pode superar o 3% do seu peso total.
Graxas: o seu contido é case inapreciable (0,1-0,5%), agás no aguacate, que aporta un 14% de graxa, especialmente ácido oleico, saudable (72% do total de graxa) e no coco, con un 35% de graxa, na súa maioría saturada (88,6% do total de graxa), menos saudable.
Valor plástico
Ven dado en función do seu contido en proteínas, que habitualmente representa menos do 1% do peso fresco das froitas. As proteínas están compostas por aminoácidos, dez dos cales (leucina, isoleucina, valina, treonina, triptófano, metionia, lisina, fenilanina, histidiana e arxinina) son esenciais para o ser humano. O término esencial fai referencia a que o organismo non os pode producir por si mesmo e , polo tanto, debe obtelos necesariamente da alimentación cotiá. Unha proteína que conteña, en cantidade e en calidade, os dez aminoácidos esenciais considérase completa ou de alto valor biolóxico. Nas froitas, as proteinas son de baixo valor biolóxico. Nos cítricos e fresas abundan sustancias nitroxenadas simples como a asparagina e a glutamina e os´ácidos aspártico e glutámico. Nas mazás e as pera abunda a asparagina e as laranxas son ricas en prolina.
Valor regulador
As froitas son boa fonte de vitaminas e minerais.
Vitaminas: destaca o contido en vitamina C (en cítricos, froitas tropicais, melón, fresas e groselas negras) e de provitamina A (en albaricoques, cereixas, melón e melocotón...), ambalas duas en acción antioxidante. En menor proporción, encontranse outras vitaminas do grupo B solubles en auga, biotina e ácido pantoténico (albaricoques, cítricos, figos...). En xeral, son máis ricas en vitaminas as variedade coloreadas, as de verán e as froitas expostas o sol. Como curiosidade: dentro de un mesmo árbol, os froitos orientados o sur son máis ricos en vitaminas que os orientados o norte; os da cúspide máis ricos que os das faldas e os exteriores máis ricos que os interiores.
Minerales: nas froitas abunda o potasio (necesario para a transmisión do impulso nervioso e para a actividade muscular normal, contribue o equilibrio de auga dentro e fora da célula). Son ricas en potasio o plátano, kiwi, nectarina, níperos, melón, uva negra, cereixas, albaricoques, coco fresco, aguacate, piña, chirimoias e papaia. Tamén aportan magnesio (relacionado con funcionamento do intestino, nervos e músculos, forma parte de osos e dentes, mellora a inmunidade e a resistencia ante enfermidades dexenerativas, posue un suave efecto laxante e é anti-estrés).
Polo tanto xa sabedes, na Comarca Terra de Melide (Melide, Sobrado, Toques e Santiso) hai moitas e boas froiterias onde mercar saude, o voso corpo e a vosa mente agradecerao.
CONSUME FROITA
POST ADICADO A TODOS OS INTEGRANTES DA PANDILLA QUE SAIU ESTE SÁBADO EN MELIDE: Álvaro, Pablo, David, Pedino, Esteban, Pirulo, Nando, Lisardo e eu mesmo, que carallo! a ver se así recuperamos dos cubatas e lle damos un pouco a froita.
Bicos