luns, 15 de setembro de 2008

As festas de Visantoña non son ningunha coña

Tardei uns días en facer a crónica das festas de San Agustín de Visantoña (Santiso) que se celebraron os pasados días 28 e 29 de agosto.
Un ano máis esta maravillosa (e costosa) festa estivo ateigada de xente e tamén de animación. O primeiro día o cartel era espectacular: OLYMPUS e PARIS DE NOIA. Pichi, Carrizo (o artista anteriormente coñecido coma O Muxico/ Pablo do Cotarón) e eu chegamos xusto cando comezaban a votar os fogos de artificio: espectaculares e prolongados. Sen dúbida que nos deixou maravillados.
O chegar levamos a sorpresa de que moitos dos camareiros/camareiras dos pubs de Melide están a colaborar coa comisión traballando no chiringuito das festas. Alí nos fumos a tomar uns "beberes" e colaborar na nosa medida con estas espectaculares festas. Pasamolo en grande e fumos vendo moita xente coñecida. Como non podía ser de outro xeito había unha ampla representación de Sobrado os cales vimos no segundo pase da Paris de Noia, estas son algunhas das fotos:

Cuadrado, alías "El Rey", recollevasos residente do Pub Kemais de Melide exhibindo as súas habilidades como "Go Go", Mary e Alberto poderían pensar en cambiarlle a súa sección de traballo proximamente. Se vos fixades a cara de Pichi (pensativo) dío todo.
Eiquí temos outra perspectiva de Cuadrado "dándolo todo" mentres Vigo lle explica a "Gelito": "que sí chorvo, que Cuadrado naceu para esto!".
Estes 5 homes (3 sobradenses e 2 cartaxeneiros) miran a actuación da Paris mentres o Chino analiza se Ruth da Paris o fai tan ben coma Cuadrado subida ahí arriba.
Pensamento do Chino: ¿como lle digo eu agora a seus pais que Cuadrado deixa o taller polas tarimas?
O venres 29 de agosto o cartel non desmerecía en nada o anterior: PANORAMA e JERUSALEN. Había de novo infinidade de xente e a excursión a Visantoña foi máis ampla por parte sobradense: Álvaro, Laura, Truki, Abad, Calvete e eu fumos os representantes xunto con toda a savia nova.Unha vez máis a Panorama dou mostras de porqué é a mellor orquestra de Galiza (sempre dende o meu punto de vista) e dou un espectáculo colosal. As risas foron moi importantes e acabado o día acabada a romería.

Debo felicitar a toda a xente que organiza ano tras outro estas maravillosas festas que para nada poden ser doadas de facer pois o cartel é de auténtico escándalo. Se a esto lle unimos que o lugar tampouco é unha cidade para poder recaudar cartos supoño que traballarán a reo, día si e día tamén. So me queda felicitar a toda esta xente e para o ano se Deus quere voltaremos a estar por esos lares.

FELICIDADES


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois tes razón, non deben ser ningunha coña, porque vaia cartelazo!!

Unknown dixo...

Creeme que todos os anos o cartel é de este estilo. É unha auténtica pasada de festas e tiñas que ver o mogollón de xente que hai, METE MEDO! nós o primeiro día chupamos unha carabana de 30 minutos mentres puidemos aparcar (E ERA XOVES!!!!)

impresionante

Anónimo dixo...

mamaíña, nin o día o globo en Betanzos jejeje.