luns, 15 de setembro de 2008

A miña 2ª terra


O post de hoxe vai adicado a miña 2ª terra, é dicir, a terra natal de meu pai: Présaras. Un anaco moi importante da miña infancia no que a fins de semana se refire está eiquí. Pois en Présaras adoitaba a pasar bastantes horas tanto sábado coma domingo indo visitar os meus avos e "chiquiteando" cos amigos do meu pai (bueno eu tomaba zumes de melocotón, je je je). Teño gratos recordos de Présaras, sobor de todo das festas (nas que antes había unha cantidade impresionante de xente), dos coches de choque, e do ambiente que se vive no centro do pobo (FOTO) cando chega a fin de semana. Présaras foi un pobo importante nos anos 80 e 90 no que a movida de bares (diurna) se refire. Era unha zona de paso obrigada para a xente que se dirixía dende Lalín, Melide, Arzúa ou Boimorto cara a Coruña eso facía que os domingos fose unha acción compricada a de aparcar o coche preto dos bares debido a cantidade de "clientela" que adoitaban ter os bares e cafeterías. Hai uns anos houbo unha desviación da estrada que une Lalín con Betanzos e o trazado tivo un factor positivo (quitar o numeroso tráfico do centro do pobo) pero outro moi negativo (que a xente xa non ten a Présaras coma parada obligada pois o non ter que pasar polo centro do casco urbán tiran de largo xa que para acceder o centro do pobo teñen que desviarse da súa traxectoria polo que a economía dos negocios hostaleiros notouno bastante). Seguramente haberá opinións para todos os gustos pero eu quédome co Présaras de tráfico caótico, aparcamento difícil e barullo nos bares. O Présaras que coñecín sendo moi neno, o Présaras que imaxinei coma o "oasis" da diversión e o cachondeo e o Présaras onde queiras que non e a pesares de vivir en Sobrado e sentirme sobradense cada vez que paso por alí (aínda que sexa polo desvío) faime ferver o sangue.

Ogalla volten aqueles tempos.

SAUDOS

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Fai un par de meses pasei polo centro de Présaras para ir a Arzúa e recoñecin a foto en canto a vin, aínda que creo que foi a única vez que pasei por alí (que me acorde). Despois tiven que volver algunha vez máis a Arzúa e xa fun polo desvío. Para os conductores é máis cómodo e rápido o desvío, pero perdes de pasar polo centro da vila, e aínda que só sexa por sitios novos, merece a pena atravesalo.

Xa fun collendo referencias ao meu paso por ahí, asi que a ver se o venres, se podo ir, acerto con Sobrado dos Monxes, que sei que hai festuky!!!!

Saudos.

Unknown dixo...

Dende Oza para Sobrado é mellor que veñas a Teixeiro e dende alí e en liña recta chegas a Sobrado en 12 kilómetros. Ademáis a carretera é ampla. Non creo que teñas problema.

Saudos

Anónimo dixo...

Ok gracias!!! A ver se vou, que como non haxa coche... malamente!! Pero bueno, a ver que pasa. Gracias polos datos.