A vida é unha caixa de sorpresas e as veces as coincidencias poden dar lugar a máis de unha confusión ou máis de un significado.
Esta foto recibina na madrugada de onte vía MMS, o autor da foto é Jorge Freire, residente en Barakaldo pero con pais de sangue galega e sobradense. A Jorge encántalle o idioma galego e cando habita por estos lares non perde a ocasión de practicar a nosa lingua materna.
O motivo de esta mensaxe non era outra que facer humor do enunciado da cabina do camión: queda claro que Pepe, vive nun cruce de camiños..., ou non?
Saudos
2 comentarios:
si si, clarísimo!! A min encántanme as cousas así que dan lugar a enganos ou chistes (aínda que sexan chistes fáciles). Atópaste co camión este pola carretera e aínda che arrinca un sorriso... por vivir nun cruce de camiños, claro está xDDD
Pepe é moito Pepe...
je je je
Publicar un comentario