venres, 26 de setembro de 2008

Cada persoa coa súa canción



Dende que nacín gústame a música, bueno, confeso, son un amante de ela. Non sei se vos pasa a vos, pero eu dende sempre a cada persoa,coñecido ou amigo téñolle unha canción asignada. É algo que me sae de forma natural, e o escoitar un tema vénseme a cabeza "X" persoa. Pois ben parece ser que coa canción "Ecuador" de Sash! a xente se acorda de min, ou polo menos esa é a experiencia que teño pois cando o soa esta canción hai xente que me abraza, que salta comigo, vamos, en definitiva, que notas que che ten cariño e que te identifica con ese tema en concreto.
A min a verdade e que tratándose de este tema non me disgusta: recordame as noites de festa en Curtis, a cando quitei o carnet de conducir e era o único da pandilla que tiña coche, o fin da noite en Kassual e tamén o recordo de que o luns había que voltar o insti para pringar no consabido horario de 8:45 h ata 14:00. Moitos recordos, moita alegría e sobor de todo a felicidade de que te identifiquen con un dos mellores (senón o mellor) dj´s do mundo: SASH!

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Xustamente iso era o que eu che ía dicir a ti. Que non teño unha canción asignada a cada persoa, pero as cancións de Sash (esta sobre todo), de S2 e todas as que sexan dese estilo recórdanme a ti. E iso que non te coñezo!! Pero a forza de levar lendo o teu blog desde o comezo, sei que che encanta esa música, e por iso me recorda a ti esta canción. E agora tamén as de Madonna jejeje.

Un saudiño!

Pitus dixo...

Vamos a la playa,
a mi me gusta bailar,
el ritmo de la noche,
sounds of fiesta!!

Unknown dixo...

Pois si Vero, a verdade é que a música dance (a boa, non a trapallada) encántame, pero coa canción de Ecuador a verdade é que noto que a xente a asimila, algo que me alegra pois a canción gústame e moito (aínda que de Sash quédome con Misterious Times).

Pitus: esa fue muy buena en su momento eh! ja ja ja, creo que Priscila aun se acuerda de la cancioncita, ja ja ja.

Pobres manos...

Anónimo dixo...

Misterious times é outra pasada de canción, sen dúbida algunha. Tes bo gusto, si jeje.

Unknown dixo...

Vero: grazas, Misterious Times é a canción que soa cando me chaman ó teléfono, está moi guapa.
Sei de outro que me escribe no blog e que ten blog propio que anda no móbil con "Destination Calabria" non sei se pola melodía en si ou ben pensando no videoclip que ilustra o tema..., mellor que responda él mesmo..., ja ja ja.

Saudos

Anónimo dixo...

jejeje é que o videoclip de "Destination Calabria" é un tanto... non sei como chamarlle! A ver se nos responde logo e nolo conta...