Qué crack!
É listo coma un pemento
É listo coma un pemento
Chámase Toby, e logo de levar uns días abandoado decidimos acollelo para sempre na nosa casa. O pobriño pasou uns días a intemperie sen comer e sen ter onde dormir. Debe ter uns 3 meses pero dende venres xa vive na miña casa. Comeu sen parar e este "enano" agora está moi contento pois ten un teito onde durmir. A convivencia con Raysa e Lista de momento é difícil pois célanse del pero pouco a pouco iranse acostumando, él so quere xogar, é un cachorro, pero eso elas non o entenden..., como di o outro, pouco a pouco...
4 comentarios:
dise listo coma un allo.....ou querias dicir co pobre can esta tolo e punto??jajajjaajaj teño q ir visitalo que xa me contou miña nai como o atopastes....ten boa pinta si señor....
tou pensando na cadelusca (nunca sei cal e o nome da nai e cal o da filla pero eu falo desta ultima)e asi pensando.....agora vas ter q facer de vigilante mais a miudo...agora tes o inimigo na casa!!!jajajaja
Ten boa pinta si señor....lastima que as miñas esten tolas..se non...jajajaja
Todo un fichaxe, si señor.
¡Saúdos!
Coma un pemento tamén o teño oido..., ou non..., non sei. O caso é que é moi listo, ji ji ji. Xa verás cando te esperte todas as mañáns cos seus ladridos! vas quedar do Toby ata as orellas..., ja ja ja. Polo que respecta as outras duas, a nai chámase Lista e a filla Raysa (o Gremlin).
que bonitiño!!! Dios é precioso, que lindo!! Encántame o canciño, recórdame ao meu cando era pequeniño tamén (aínda que non son iguais, o meu é un pastor belga negro), pero era tan bonitiño tamén... e agora segue sendo eh, pero bastante máis grande jeje. Eu tamén tiven un Toby, fillo dunha cadela que adoptamos despois de atopala abandoada, como ti fixeches con este.
Un saudiño.
Publicar un comentario