mércores, 3 de decembro de 2008

Panorama e Olympus estarán o 30 de decembro en Disco Palladium (Melide)

A orquestra Panorama en plena actuación
Os compoñentes da orquestra Olympus felicitando o nadal nunha imaxe de arquivo

A discoteca Palladium de Melide, ou o que é o mesmo, os irmáns Javi e Miguel Castro voltan a tirar a casa pola ventá para este nadal.
Para o martes 30 de decembro (vésperas de Fin de Ano) teñén xa confirmada a actuación en Disco Palladium de duas das mellores orquestras de España: Panorama e Olympus.
Este agradable agasallo seguro que vai a ser un adianto de todas as actuacións que nos agardan no vindeiro ano 2009.
A título persoal a idea pareceme estupenda e a data fenomenal xa que moita xente non traballa o día de fin de ano e os estudiantes están a disfrutar de vacacións.
Seguro que a Palladium presentará un cheo total de afluencia de público con gañas de pasalo ben e disfrutar con estos dous orquestróns. Se Deus quere alí estaremos!
Saudos festeiros

2 comentarios:

Anónimo dixo...

jeje xa me parecía a min só con ler o título do post que non iades faltar! Pasádeo ben pois.

Unknown dixo...

Así é Vero, se Deus quere e a neve nolo permite alí estaremos "dándolo todo",ja ja ja.

Saudos