mércores, 10 de decembro de 2008

Soñemos...


Cando faltan xa poucos días para que volte a celebrar un novo sorteo da Lotería de Nadal, recordemos, o 22 de decembro, por se hai algun/algunha despistado/despistada que non se lembre da data (cousa que dubido moito) xa se palpa no ambiente que todos comezamos a soñar (que din que é gratis) co que faríamos se nos toca o Gordo, se cae no pobo, etc, etc, etc.
Sen ir máis lonxe, este luns, nunha animada charla-coloquio (a típica dunha fría tarde festiva onde non hai moito que facer) estivemos falando largo e tendido sobre o tema e a opinión xeralizada era que o mellor que pode pasar nun pobo pequeno como Sobrado é que en caso de tocar o Premio Máximo sexa nun número que teña o maior número de xente posible. Neste caso dúas opcións moi claras: a do Club Atlético Sobrado Xuventude ou ben a da Comisión de Festas Sobrado 2009.
Pasado este punto de que nos mesmos xa eleximos o número que vai a ser premiado pasamos a unha segunda fase que é a de que facer cos cartos..., o esbardalle comeza a ser descomunal, alguns claman por manter a calma (e que non se nos quente a cabeza cos millóns), outros opinamos que mellor que non nos toque porque o desfase pode ser considerable (en plan coña claro está) e a opinión xeralizada é que 300.000 € son un filón xenial pero que non che solucionan a vida en plan "non rascar palanca nunca máis" pero que a moita xente axudaríalle a acabar de pagar as hipotecas, ou os que non temos a "fastidiada hipoteca" faríamos unha casa (no meu caso) ou mercarían un piso e logo xa sal o "Factor Benz", é dicir, todo Dios mercaría un Mercedes, esto non é unha coña, se lle preguntades a maioría de xente un dos gastos que faría non sería mercar un coche en plan xeralizado senón que mercaría un Mercedes (nin Audi, nin BMW, nin Porche..., un Mercedes Benz), é curioso pero é así.
Por último esta conversación chega a 3ª e derradeira fase qué é a de "o que importa é ter saude", o día 23 de decembro tamén se lle chama "O Día da Saude" porque todo o mundo di: "a Lotería non tocou pero o que val é ter saude..." coa cal estou completamente de acordo o igual que a maioría dos "expoñentes", eso sí, os cartos non dan a felicidade... pero axudan de carallo (perdón pola expresión).
A título particular debo confesar que hai anos que veño dicindo o mesmo, e se algún ano me toca o Gordo (se toca no 78555 que é o do equipo de fútbol do cal teño 5 décimos con máis razón) o primeiro que fago e poñerme de rodillas na barra de Ramiro e abrir botellas de champán coma si estivese tolo mentres entre sorbo e sorbo vou pensando que facer cos cartos, esta claro que todo é un soño pero... E SE NOS TOCA?
E agora tócavos a vos dicir que sería o primeiro que faríades se vos toca o Gordo de Nadal.
Que teñades moita sorte pero tamén moita saude que é máis importante, eso sí, a ilusión que ninguén nola quite...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

o primeiro que faria se me tocara o gordo (de nadal mal pensados) seria asumilo. E dicir, como non o creeria pois teria que asumir que sí, que é certo. E despois? pois teño moitas opcions por desgracia para invertir os cartos asi q despois de pensar en canto me quedaria libre.....creo que optaria por unhas vacacions e algun que outro caprichiño...

Raquel dixo...

Hola!
Si me tocara el gordo de Navidad...50 kg...

1º Lo celebraría abriendo también esas botellas de champán, o incluso con una cena o una super fiesta (porque si me toca a mi, a alguien de mi entorno tb le tocaría, con lo que seríamos varios anfritiones, y eso está guay).
2º Me compraría un capricho, no sé, ese abrigo de 500 € o esos pendientes de 200 € que ves a veces desde fuera del cristal del escaparate con una señal imaginaria de 'prohibido' que les rodea.
3º Haría un viajecito, no muy pretencioso, solo a algún lugar donde no haya estado nunca sin pensar en 'cuánto me gastaré'. Por ejm., Granada o incluso ¡Argentina!, ¡será por dinero!.
4º Compraría algunos regalos para mi gente, algo que supiera que les haría ilusión pero no pueden comprarse.
5º Pensaría en un cambio de piso, pasar de 42 m. a 60 al menos, no sé, eso ya es mejorar, no? En un garage para mi coche tb. Yo no cambiaría de coche, aún no me ha dado por ahí, el que tengo me va bien.

Y ya está, todo gastado.

Ahora bien, a mí aunque me tocara un poquito me conformaba. Eliminar la hipoteca, como dices, sería una especie de 'liberación'. Un día escuche a un señor por la tv, al que le había tocado la lotería de Navidad, y le preguntaban '¿en qué va a cambiar su vida?', el contestó: 'En nada. Ahora, simplemente, viviré tranquilo'. Con eso me conformo. Ese señor es mi ídolo. Que suba el euribor, que no lo haga tanto el IPC, que la gasolina esté por la nubes...Yo, viviré tranquila. Bien!

Anónimo dixo...

O de ter saúde está clarísimo que é unha verdade máis grande que o universo. Pero sen cartos ata a saúde se che pode acabar. De modo que, sendo sinceros, todos desexamos que nos toque a lotería, claro que sí.

Eu se me tocara non sei o que faría... nun primeiro momento pensaría que é mentira, que non pode ser. E despois, cando me convencera de que é certo, fixo que tería un "momento tolemia" parecido ao de Víctor subido de rodillas na barra de Ramiro jejeje. Primeiro mercaría un coche (non me fai falta que sexa un Mercedes tampouco, ahí eu saio da norma jeje) e despois pois non sei... algún capricho coma os que di Raquel se cadra tamén caían, aínda que teño que dicir que non teño grandes aspiracións tampouco. Se merco un abrigo de 500€ a poucos sitios o había levar, porque me daría lástima que se manche, que mo leven, etc etc. Prefiro algo bonito pero menos luxoso.

Non sei, é que ata me custa pensar en que gastaría 300.000€ porque nunca cheguei a imaxinar que tal cousa me pase a min.

Que Deus reparta sorte!