
A nivel do Concello de Sobrado a festa que inicia "a xira" de este ano 2009 será o San Marcos de Carelle que terá lugar este sábado 25 de abril coas actuacións de XENTE NOVA (orquestra da nosa amiga Roly) e do dúo Capicornio (está ben escrito, non é Capricornio).
Chegado o mes de maio aló polos días 14, 15 e 16 de maio chega unha festa que aglutina un número importante de público: o San Victorio de Grixalba que este ano conta con un moi bo cartel. As actuácións serán as seguintes:
Venres 15 de maio MARBELLA (que gañas teño de vela) e Dúo Camelia.
Sábado 16 de maio Orquestra CIBELES e o Grupo CICLÓN (Moitísima caña dan estes santiagueses).
Domingo 17 de maio (Día das letras galegas) haberá sesión vermú co Dúo Libertad.
Xa metidos en xuño haberá festa en Penagrande (Grixalba), o sábado día 13 actuará o grupo feminino CHICAS SHOW e o domingo 14 o Dúo Abece será o encargado de facer a sesión do mediodía.
Polo medio quedan as festas de Cumbraos, As Pías e o San Pedro, que estarán neste blog cando se fagan oficias os carteis.
Que disfrutedes das festas!
2 comentarios:
O muxico di:
Ligonde, Val de Xestoso(e o seu viño,Pazos de xeitoso)..........jajajaja.
Uffff, ja ja ja, efectivamente Pazos de Xeitoso, que viñazo catamos aquel día eh! ja ja ja.
Veña Muxico coidate.
Publicar un comentario