
Formación inicial do Deportivo o día 19-05-2000 que se proclamou campión de Liga: (de izquierda a dereita): Roy Makaay, Don Mauro Silva, Quique Romero, Slavisa Jokanovic, Nourredine Naybet, Jacques Songo´o, Manuel Pablo García, Víctor Sánchez Del Amo, "Fran"cisco González Pérez, Donato da Gama, Djalma Feitosa "Djalminha" e Antonio "O Xitano" D.E.P.
Hoxe, 19 de maio é día de celebración, orgullo e recordo para todos os deportivistas. Cúmprense 9 anos dun día histórico, cheo de alegría e alborozo para a Coruña e para a meirande parte de Galicia. O Deportivo entraba na historia da Liga pois convertíase en campión de facer unha gran campaña e de gañar polo resultado de 2-0 o R.C.D. Espanyol de Barcelona.

Ía metade da primeira parte e prodúcese un córner a favor do Deportivo, á execución correu a cargo de Víctor Sánchez Del Amo que precisou un medido centro e Donato nun salto poderoso meteu a cabeza con todo o convencimento de que ese balón ía directo á rede. O balón foise para adentro, Riazor estourou de alegría, 35.500 almas berraron o gol coma nunca, berrou Riazor, berrou a Coruña, berrou Galicia, e tamén moitos emigrantes galegos que están estrados polo mundo adiante. No momento do 1-0 xa se vía que a título quedaríase na Coruña e que o Depor desta volta non ía perdoar. Por se quedaba algún tipo de dúbida logo de unha internada de Manuel Pablo e un pase ó interior da área o holandés Roy Makaay nun excelente gol escorado faría o 2-0 aínda na primeira metade que sentenciaba o encontro. O anfiteatro herculino caiase literalmente, e a emoción era a principal protagonista.
Na segunda metade o Depor xogou con tranquilidade o os "pericos" tampouco inquedaron moito a portería de Songoó; cando soou o pitido final do colexiado a festa comezou, e en poucos segundos o céspede de Riazor encheuse de milleiros de cabezas que levantaban os xogadores coma toureiros e que cantaban cara o palco onde se encontraba un entusiasmado Augusto César Lendoiro (o pai de este sono) que se lle vía ledo e nervioso a vez. Pasados uns minutos os xogadores foron tinguir o pelo de marelo ovo tal como prometeran se gañaban a liga, recordo que Djalminha tiña unha aire Wesley Snipes muy grande.

Logo do paseo en bus, festa polos pubs do Orzán onde os xogadores se convertiron nos reis da noite. O día seguinte tocou de novo paseo triunfal polas rúas da Coruña antes de que todo o plantel fose recibido en María Pita, unha praza na que agardaban miles de siareiros e onde estaba habilitada unha pasarela na que os xogadores foron pasando un por un, os xogadores máis tarde sairon o balcón do Concello e alí Lionel Scaloni erixiuse en protagonista, microfono en man e cantando cancións que todos os deportivistas querían oir..., as celebración aínda hoxe perdura nas retinas dos que amamos o Real Clube Deportivo, foi unha xesta que xamáis olvidaremos.
GRAZAS DEPOR
3 comentarios:
Memorable, grande.... non hai adxectivos para describir ese dia!! Incrible!
Cando nos caera outra destas..., ja ja ja.
Nin se sabe, pero dame a min que nun futuro próximo non... jejeje
Publicar un comentario