Hoxe imos estudiar un dos fenómenos sociolóxicos galegos máis antigos, un método de comunicación que perdurou no tempo e se trasladou por diversas xeracións e aínda a día de hoxe segue a ser moi eficaz: estoume a referir o "trapiño vermello" para avisar o veterinario nas carreteras de que algún animal necesita atención médica.
Na época de internet, do 3G, do wifi, dos ordenadores portátiles, do televisor LCD, do DVD, do HDMI, das TFT, dos teléfonos móviles de última xeración, das cámaras dixitais..., con un simple trapiño vermello o veterinario en cuestión sabe que o aviso que recibeu vía telefónica ou vía oral é pola zona onde se ubica este elemento de tea feito dos máis diversos elementos: de camisetas, de buzos, de gorras, de xerseis... incluso os máis osados se atreven con un saco de plástico do mineral..., eso sí sempre de cor vermella..., así non hai fallo.
Parece ser que na antiguidade este método empregouse cando había una vaca "en celo", non sei se o color vermello era símbolo de "pasión" ou ben foi posto o azar..., pois o marelo quizais e tanto ou máis chamativo (se esa era a intención da persoa que puxo o trapiño nese lugar), e foise trasladando o resto de animais, e o resto de doenzas (se estar en celo se pode considerar unha doenza... aínda que estimo que non).
Hoxe chamoume a atención o pasar por unha estrada da que non quero citar o nome: poñamos Sobrado-Teixeiro e pareime a pensar mentres conducía nesta práctica que eu recordo dende sempre e que parecía que co paso do tempo e sobretodo coa chegada do teléfono móvil estaba en deshuso pero felizmente vin que non é así e alegrome porque as tradicións hai que mantelas e esta é canto menos curiosa...
Saudos
Ningún comentario:
Publicar un comentario