Hoxe celebrase en Roma a partires das 20.45 horas a final da Uefa Champions League, unha final na que se pode decir que o fútbol foi xusto e enfrontaranse os dous mellores equipos do mundo neste intre.
Por unha banda o F.C. Barcelona de Pep Guardiola, o equipo que mellor practica o "jogo bonito" e que xa ten dous títulos no seu poder nesta tempada: Liga e Copa do Rei. Unha plantilla de moita calidade que sabe tratar o balón coma ningunha outra.
Por outro lado o Manchester United do histórico Sir Alex Ferguson, vixente poseedor do trono europeo e firme candidato a revalidalo. Conta con un gran plantel pero non fai un fútbol tan vistoso coma o equipo que adestra o "Noi de Santpedor".
Dende días atrás os medios de comunicación están empeñados en decir que é unha batalla entre Leo Messi e Cristiano Ronaldo por dirimir quen é o mellor xogador do mundo..., sen restarlle mérito a ningún destes dous artistas paréceme moi frívolo deixar de falar dos Iniesta, Xavi, Henry, Toure, Pique ou Eto´o nos blaugranas así coma de Giggs, Rooney, Tévez, Park, Carrick, Evra ou Ferdinand nos "Reds".
Supoño que a iniciativa do xogo levaraa o equipo blaugrana e o Manchester intentará pillarlle as espaldas o equipo que preside Joan Laporta aproveitando a velocidade da súa zona de ataque.
-As claves: o Barça levarase o partido se consigue desmontar o entramado defensivo que vai montar Sir Alex Ferguson para anular a creación azulgranda (supoño que xogarán de mediocentros Carrick e Anderson). Outro punto a favor do Barcelona é que a pesares de ser un gran porteiro Edwin Van der Sar é bastante indeciso nas saidas os balóns por alto (algo que o campión español debe aproveitar.
O Manchester levarase o partido se defende como sabe e non comete erros de bulto na parte traseira. Se Cristiano Ronaldo está acertado a balón parado pode ser decisivo pois é o mellor lanzador de faltas do mundo e Víctor Valdes sabeo. A estratexia a balón parado cobra fundamental importancia no equipo red nos córners e faltas laterais onde saben que é o punto fraco do F.C. Barcelona e con 3 grandes rematadores como son Vidic, Ferdinand e Ronaldo poden levarse o encontro. Ademáis está o handicap de que nin Alvés nin Abidal, os dous laterais titulares do Barça poderán xogar por sanción, ollo a entrada por bandas de Giggs, Rooney, Park e Evra.
Pola miña parte dicir que ogallá se vexa un partido digno da final da Champions, con goles, xogadas bonitas, que non haxa patadas duras nen expulsados e que gañen os Red Devils que é o meu segundo equipo despois do Depor.
O Barça xa ten dous títulos ben merecidos este ano e ten que deixar algo para os demáis, de todos modos se gaña o Barça tampouco me disgusta pois logo do fútbol que desplegou este ano tan só cabe levantarse, quitar o sombreiro e aplaudirlle pois nos anos que levo vendo fútbol (e creedeme que levo vistos miles de partidos) xamáis vin a ningún equipo xogar de este xeito tan maravilloso.
Saudos e que disfrutedes do encontro.
6 comentarios:
AUPA BARSA!!!
Saduiños Sara
Yo sintiendolo mucho....discrepo. Yo hoy voy con el manchester... que este año el barça ya nos ha dado mucho la lata.
Saludos,
sonia
campeones campeones oe oe oe oe,so hay q ver como estaba agora fai nada catro camiños,non é como se ganase o depor pero o barsiña e moito barça!!
paula
Noraboa o F.C. Barcelona e os seus afeccioados pois no partido de onte amosou ser un digno campión facendo un fútbol brilante, como nos ven acostumando o longo de toda a tempada. Por unha vez, o fútbol foi xusto e gañou o equipo que máis e mellor fútbol espuxo.
Parabéns.
Todo mundo ten razon cando di: O BARÇA MERECIAO, por moitas razons, tantas como xogadas nos adicou este ano, tantas como minutos nos fixo desfrutar este ano, tantas como boas verbas sairon da boca de todo membro do FC BARCELONA, tantas como ovacions merece. Mira, ti, VICTOR, levas visto miles de partidos, e eu tamen, e fai moitos, moitos, moitos anos que non vexo nunha final da copa de europa un baño de futbol como o que lle deu o Barça aos diaños roxos¡¡¡¡
De verdade, que se che gusta o futbol.. este barça enamora¡¡¡¡
VISCA BARÇA SEMPRE¡¡¡¡
Tanto os afeccioados do Barça coma os que non somos do Barcelona nos gusta o bo fútbol este ano disfrutamos co xogo dos homes de Pep. Ogallá esto sirve de lección para outros equipos grandes: Milan, Juve, R. Madrid, Bayern, Manchester, etc... e lles faga ver que o fútbol espectáculo non está reñido cos títulos e que non todos os partidos se gañan primeiro nadando e logo gardando a roupa.
Que viva o fútbol de toque, que este ano calou moitas bocas os defensores do "Catenaccio" puro e duro.
Un abrazo
Publicar un comentario