A Comisión de Festas Sobrado 2009 non deixa de sorprendernos. Como nova principal no seu blog oficial www.comisionfestassobrado2009.blogspot.com teñen unha iniciativa canto menos sorprendente e nunca vista no pobo de Sobrado: a subasta en poxa pública de un solteiro de ouro... evidentemente e como non podía ser de outro xeito, o home a subastar é o Gran Pazitos.
O empresario do calzado, contralador de planta refineira, xogador de paddel, pescador, gogo e stripper será subastado (aínda falta concretar lugar e data) para que a moza que o teña a ben o leve para onde ela dispoña.
Din as malas línguas que esta idea partiu de Chus, a súa cuñada, que cansada de ver que Pazitos non pasa polo altar nin atado tomou esta sorprendente decisión matando 2 paxaros de un tiro: recaudar fondos para a comisión Sobrado 2009 e de paso buscarlle unha churrita a Pazitos para que convivan en amor e compañía.
Agardemos que este evento de tal magnitude sexa publicitado como se merece, en vindeiras datas intentaremos entrevistar ó "ínclito" Pazitos para poder ver as súas impresións e inquedanzas. E dende xa propoño que se habra unha porra para apostar cantos euros val Pazitos. A ver se a Comisión así colle ideas para poñerlle un prezo de saida o home que perdeu unha espada pero encontrou un bocadillo de xamón e unha botella de Martín Códax en duas vodas diferentes con unha marxe de dous meses.
TODA A SORTE DO MUNDO A COMISIÓN E AS MOZAS QUE POXEN POR ESTE HOME MULTIFUNCIONAL.
Saudos, sede bos.
10 comentarios:
Encontré este blog por casualidad;la verdad,es de los mejores que he visto.
Estuve en Sobrado hace 5 años y la verdad,hice unos muchos amigos.Os deseo lo mejor.Seguid así!
Maruxa
Perdón,puse "unos muchos",quería decir "muchísimos".
aissssssssssss eu vou publicitar a subasta no feisbuk...
"asistiré al evento, quizás asista, no iré" jajajaajajajjaaja
Lato, moi ben por ese cable que lle votas a comisión publicitando o evento....
eu poñolle 5euros para empezar....(tranki pacitos, hai q empezar por pouco home...xa chegaran os millons, que hai moita solteira en sobrado!!)
Grazas Maruxa polas túas palabras, enchenme de orgullo, de verdade. Alégrome que fixeras moitos amigos en Sobrado, ogallá volvas e sigas disfrutando do pobo.
Nishita, hai que axudar a comisión como sexa con tal de que se fagan as festazas que vai haber este ano (van ser por todo o alto!). Subastar a Pazitos pareceme unha idea na que tanto comisión coma subastado poden sair beneficiados, je je je.
jaja,oye unha moi boa idea si señor.esto deberiase facer todos os anos pero con mais xente ainda.todo por axudar a comision,e se ainda por enriba sae algunha boda disto pois mellor!!jaja
Paula Aller.
carracha estas en todos laos..jajajjajajajjajajajjajajaja
Pauliña: eso é optimismo e o resto son tonterías..., ja ja ja. Vodas? uffff, coa de amigos solteiros que teño..., ti quéresme aruinar, ja ja ja.
Saudos e grazas por comentar.
Bueno, bueno, bueno!!! Xa non sabedes qué inventar eh!! E Pazitos que opina de todo isto? Está dacordo?? jejeje
de canto partimos na subasta?por que en vista do corpo que ten imagino que pa mantelo habera que ter un bon sueldo.Creo que aparte das troitas tamen lle gusta a boa carne,e non falo de mulleres precisamente.Esperemos que algunha vella millonaria lle levante unha boa subasta de maneira que axude á comision a facer as mellores festas da historia do pobo e el poida satisfacer as suas necesidades naturais.
Vero: direiche as palabras textuais de Pazitos: "vou matar a miña cuñada, vou matar a miña cuñada, vou matar a miña cuñada, vou matar a miña cuñada, vou matar a miña cuñada...", polas suas palabras dame que lle gustou a idea, ja ja ja.
Anónimo: o prezo de saida terao que marcar a Comisión 2009 como organizadora do evento, eu propoño que o prezo de saida sexan 50 euros máis a cena dos "tortolitos".
Saudos
Publicar un comentario