xoves, 4 de febreiro de 2010

Día D, Hora H

Todo trancurreu moi deprisa, onte en cuestión de uns minutos, pasamos de ter que elexir data para xogar o partido de fútbol sala que nos pode dar o ascenso a que de golpe e porrazo a Federación imponnos que xogaremos hoxe (ou mañá segundo se mire...), o lugar Salesianos "a catedral do fútbol sala" e a hora AGARRATE!!! as 00.00 HORAS, incrible pero certo. Xógamonos todo a unha carta, se gañamos ascendemos a primeira, se empatamos ou perdemos quedaremos no honorífico 3º posto e a federación non se lle ocurre outra solución que poñelo hoxe as 12 da noite. En fin, esto igual nos favorece porque vai facer que saiamos máis motivados á pista. Ogallá mañá vos este contando que xa somos novo equipo de 1ª División coruñesa.
Varios de nós temos que facer 65 kilómetros ida e 65 kilómetros volta a unhas horas intempestivas, mañá é día de traballo, e eso os señores da federación non o contemplan, pero intentaremos axusticiar esto en forma de goles (sólo pido marcar un máis que o rival) e se o acadamos celebraremos con máis rabia que nunca o ascenso.

Saudos

3 comentarios:

vero86 dixo...

Ás 00.00????? Joer, vaia horiñas!!
Vamos, q igual estades xogando agora...

Pois moita sorte e esperamos boas novas!

SILVIA (BCN) dixo...

Espero que haya ido todo bien, os merceis subir aunque solo sea per haber ido a jugar ese partido a esas horas jjejej...

Cuenta cuenta como a ido???

Un beso

Unknown dixo...

Obxetivo conseguido. Gañamos 5-0, estivo xenial. Estamos moi contentos.

Grazas as dúas, saudos.