mércores, 10 de febreiro de 2010

O disfraz estrela de este ano é...

Un que estes días anda contrareloxo para ultimar os preparativos do Entroido que xa está ahí a beiriña non deixa de sorprenderse da multitude de xogo que dan os disfraces e a epoca de Don Carnal en xeral.
Evidentemente eu ando na procura de disfraces correspondentes á temática coa que vai a miña comparsa, non sei se vos ocurre a vos pero a verdade é que basta que busques disfraces sobre un tema para que vexas outros que "están moi guays... pero non me valen para este ano". O caso é que para o ano sucederá o mesmo pero bueno, o que imos..., resulta que vas xerando ideas na túa cabeza e pensas que a xente como é habitual en todos os entroidos se disfrazará do político de turno, de animal, de romano, guerreiro ou policía..., eu pensaba que Michael Jackson ía dar moito xogo este ano (e sigoo pensando) pero o que realmente me sorprende é que o disfraz máis solicitado é o de nin máis nin menos, a controvertida Amy Winehouse. Hoxe vendo o Telexornal entrevistaban ó dono da tenda de disfraces máis importante de Galicia, Don Disfraz, que está ubicada en Ponteareas (Pontevedra), por certo, teñen web www.dondisfraz.com e venden por catalogo ademáis de servir o disfraz na túa propia casa en 24 ou 48 horas. Hai un anaco estivenlle votando un vistazo e o certo é que teñen de todo..., pois ben, retomando o asunto decía o dono do local que o disfraz da cantante era un dos máis solicitados xunto co de xogador de rugby... e de feito se mirades o catálogo veredes que na referencia sobre Amy Winehouse xa pon agotado. A verdade é que non saio do meu asombro. Veremos estes días que parece que van ser fríos quen é o valente ou a valente que sal disfrazado de esa guisa...

Que teñades un bo Entroido

3 comentarios:

vero86 dixo...

O sábado todos a ver Land Rober na Galega (e se non estades na casa para velo, que é normal, que é sábado, grabádelo!!), pero non se pode perder, que seica vai hacer unhas "Ricarditas" polo público disfrazadas de atropelladas... xDDDD

A ver con qué nos sorprende esta xentiña!

Unknown dixo...

Ufff, o sábado creo que os de por eiquí imolo ter complicado pois temos unha "ardua" tarea toda a tarde e toda a noite...,jajaja. A saber..., de todos os xeitos pódese ver pola web da CRTVG cando se desexe.

Saudos

vero86 dixo...

Pois iso, xa sabes, a enchufarte á web da galega cando teñas tempo que segundo me dixeron promete!! jeje