luns, 1 de febreiro de 2010

Máis da metade dos enquisados opina que o 2010 será un bo ano para Galicia

O 53% de todos os que votastes na enquisa do mes de xaneiro opina que o 2010 si que será un bo ano para Galicia. Un ano que de todos é coñecido que terá coma punto central o Xacobeo 2010 e no que se agarda milleiros de persoas vidas de todas as partes do mundo que lle darán color á nosa querida terra. Agardemos que así sexa, e que este ano que a nivel económico se presenta difícil a priori sexa amortiguado polas importantes cantidades de diñeiro que pode mover este evento. Como segunda opción máis votada con un 20% quedou a das persoas que opinan que o 2010 será para Galicia coma outros anos.

Grazas a todos pola vosa participación e axiña estará dispoñible a enquisa do mes de febreiro.

Ningún comentario: